21/09/11

Alzheimer, Arrugas

21/09/11


Acabas de espertar, pero non recordas o nome do lugar no que vives. A luz cólase xa entre as contras, así que érgueste. Hai tempo que te axudan a vestirte, porque esqueciche se a camiseta vai por debaixo ou por riba do xersei. Ao rematar, sentes fame e queres desaiunar, pero non lembras onde están os mobles da cociña, e tampouco que demo é un moble ou unha cociña. Por sorte, a túa parella faino para ti, e despois senta ao teu lado, observándote co mesmo coidado e cariño que se foses un neno. Miras para ela con sorpresa. Qué guapa, pensas. Gustaríache tanto darlle as gracias; pero non llo dis. Non te atreves, porque a túa memoria esqueceu por completo quen é esa persoa...

Un por clase. Quizá sexa eu, ou ti, ou a persoa que tes ao lado. Pero no futuro, a un de cada trinta, máis menos, tocaranos con toda seguridade a china de sufrir alzheimer. Esa enfermidade que o arrasa todo na túa memoria. Incluso aquelas cousas que tiñas gravadas a lume porque daban sentido á túa vida. Un sorriso. Un bico. Un verán... Así que non podemos mirar para outro lado.

Hoxe é o día mundial do Alzheimer. O texto do principio só é un exemplo. Pero Arrugas é a mellor historia que lin nunca sobre este mal do noso tempo. Un cómic alucinante, entrañable e do máis recomendable, que vos fará pasar as páxinas despacio, detervos con sorpresa nos debuxos, entender como se vai presentando a enfermidade, e valorar mellor a aqueles que queren e coidan aos que a padecen. Lembrade: un de cada trinta.


ARRUGAS, de Paco Roca

Recibe os contidos no teu correo

7 comentarios

  1. Unha gran historia que non te deixa indiferente; desas que te removen por dentro e que todos deberiamos ler.

    ResponderEliminar
  2. E nunhas semanas, de premio, estréase nos cines a película, da que xa hai trailer.
    http://www.arrugaslapelicula.com/es/

    ResponderEliminar
  3. vitoria27/9/11

    tic, tac,
    tic, tac,
    nacemos co reloxo incorporado, con fecha de caducidade na tapa como os iogures...
    que conmovedora a capacidade de sorrir a pesar de todo, no mesmo frasco a pastilla da desesperación e o seu antídoto!
    Como me gustou!

    ResponderEliminar
  4. "Desesperación e antídoto"...
    É curioso, Vitoria. Ás veces iso é precisamente a lectura: o mellor dos antídotos para gardarse da desesperación. Ou incluso para sorrir ante ela. Alégrome.

    ResponderEliminar
  5. Sandra29/9/11

    Dende logo que este cómic é "grande",quédaste pensando,reflexionando..o que é a vida...
    Que ben o describes Miguel e que pena dá.
    Ánimo a aqueles que o viven de cerca e que con todo o seu agarimo coidan os que o padecen.Eles sempre,seguro,a pesar de non lembrar,estarán máis que agradecidos.

    ResponderEliminar
  6. Nerea25/4/12

    Non tivera ocasión de ler o comic, pero este luns andaba pola biblioteca do insti, vino e collino. Lino naquela tarde. Cando pensas nunha persoa con Alzheimer, sempre pensas na pobre muller/filla/coidad@r que o atende e nunca na persoa que o sofre. Sen dúbida algunha, ambas as partes o pasan mal pero o que o sofre en primeira persoa é Emilio, neste caso.
    Neste comic tamén vemos o medo a ser vello, e as consecuencias que iso conleva. Nunha palabra: Encantoume!

    ResponderEliminar
  7. Que ben Nerea. Alégrome de que este cómic saíra ao teu encontro: non todos os días se atopa un unha historia tan boa como Arrugas.
    O alzheimer, a soidade ou a vellez, enténdense mellor conforme avanzan as páxinas. As arrugas tamén poden resultar fermosas.

    ¿Déixasme que che recomende outro cómic?: "El Faro", do mesmo autor, Paco Roca.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK