Non me diredes que desta vez non lle puxen creatividade á hora de facer a foto! A historia ben o merece... Ollo senón a esta impresionante fábula.
A arenga comeza así: "El hombre es el único ser que consume sin producir. No da leche, no pone huevos, es demasiado débil para tirar del arado... Sin embargo es dueño y señor de todos los animales. Los hace trabajar, les da el mínimo necesario para mantenerlos y lo demás se lo guarda para él... ¿No resulta entonces de una claridad meridiana, camaradas, que todos los males de nuestras vidas provienen de la tiranía de los seres humanos? Eliminad tan sólo al Hombre, y el producto de nuestro trabajo nos pertenecerá.".
Seguindo os consellos dun enorme cocho que puido vivir e ver máis do habitual, os animais do señor Jones rebélanse contra os seus amos humanos e, tras lograr expulsalos, fanse co poder e as rendas do funcionamento da granxa, cos cochos como clase dirixente. Pero rapidamente estes iranse corrompendo co poder (¿sónavos?) para rematar instaurando unha tiranía igual ou peor que a existente antes da rebelión, baixo o enrevesado lema "Todos los animales son iguales. Pero algunos animales son más iguales que otros".
Seguindo os consellos dun enorme cocho que puido vivir e ver máis do habitual, os animais do señor Jones rebélanse contra os seus amos humanos e, tras lograr expulsalos, fanse co poder e as rendas do funcionamento da granxa, cos cochos como clase dirixente. Pero rapidamente estes iranse corrompendo co poder (¿sónavos?) para rematar instaurando unha tiranía igual ou peor que a existente antes da rebelión, baixo o enrevesado lema "Todos los animales son iguales. Pero algunos animales son más iguales que otros".
Orwell publicou este libro en 1945, con moita da Historia que hoxe estudamos vivida e ben vivida na súa propia pel. Pero a súa intención non era un conto para nenos, senón amosar ao mundo a verdadeira cara do réxime soviético de Stalin. Aí é nada... Só un xenio podía contalo dunha maneira tan clara e sinxela de entender. Así que, a pouco que vos fixedes, toda a novela vos resultará en realidade unha caricatura habilísima, certeira e descarnada da impresionante maraña de personaxes, ideas e feitos que formaron parte desa Historia. Que por certo é sempre a mesma: a loita polo triunfo duns ideais nobres, botada a perder baixo a tutela de dirixentes case sempre sectarios, egoístas, tiranos, manipuladores, corruptos... De, como dirían os vellos: "moita xente, e poucas personas...".
REBELIÓN EN LA GRANJA, de George Orwell
Non sei se está pensado, pero o feito de que un dos cochiños mire cara arriba, cara nos, da unha sensación de magnetismo incrible, como se os propios personaxes nos chamasen a descubrilos, ou como se este nos estivese botando o ollo para arrebatarnos o poder ^^
ResponderEliminarSupoño que nos mira así un pouco polos dous motivos... aínda que eu me incline máis polo segundo.
ResponderEliminarProbei uns cantos encadres, e pareceume potente o feito de que nos mirase aos ollos, retador...
Así que, quedades presentados: Aquí Marcela, lectora intelixente, e aló Snowball e Napoleón, os dous cochos instigadores da rebelión. Este último é xustamente o que nos reta coa mirada. Perigoso e manipulador ata a dor. O que avisa non traizoa...
Cada animal representa un tipo de conducta ou de persoa concreta. Lamentei non ter un cabaliño... o seu é o papel máis digno de todos.
Este tócalle despois do ''Silmarillion''.... de Orwel xa lein ''1984'' e a verdade é que se converteu nun dos meus libros favoritos, por detrás de ''El Padrino''.
ResponderEliminarGran libro seguro e mellor escritor!
Un Saudo Miguel!
P.D. Sigo insistindo en que tes que ver ''Érase una vez en América''
P.D.2. Visitade a Escena Da Semana!!
http://aclockworkfiction.blogspot.com/p/escena-da-semana.html
(Perdón polo Spam)
Os "ministerios", a "habitación 101", a "neolingua"... Tamén lin "1984" hai tempo, e impactoume tanto como a ti, Duarte. Por visionaria, por agobiante, polo que ten de crítico e denuncia da ameaza dos totalitarismos. "Rebelión na granxa" é moito máis breve e sinxelo de ler, pero ambos libros teñen en común o obxectivo de advertirnos contra a mesma ameaza.
ResponderEliminarJajaja, aquí Aclockworkfiction nunca será Spam. E menos con ese pedazo de entrada (e sección) detrás.
Tomo nota urxente da insistencia, que non esquecera en absoluto: para 225 minutos, máis que ter un oco fai falla un furado... xa case o teño.
Un libro para apuntarse. Aunque coa lista que xa che dixen de libros que teno...vou tadar en leelo.
ResponderEliminarCreo que teno unha adiccion...lein Hamlet, volvino a leer anotanto e analizando todas as accions e....teno ganas de volvelo a leer. Pasareime toda a vida leendo Hamlet? jajaja
Loitarei para quitar esta obsesion e centrarme en El Halcon Maltes. jeje
Bueno, de Hamlet a Hammet (autor de El Halcón Maltés) tampouco hai moito... A vida está feita de curiosas coincidencias.
ResponderEliminarNon lin "El Halcón Maltés", porque a novela negra non me gusta especialmente (quizá precisamente porque non adoito lela). Pero a historia vén dun episodio histórico moi interesante, que é a obriga que Carlos V, como rei de España, lle impuxo aos cabaleiros da Orden de San Juan de Jerusalén a cambio de cederlles a illa de Malta. Cada ano, os cabaleiros debían entregar á coroa española, como tributo, un falcón de cetrería, debidamente adestrado para a caza. E os cabaleiros cumpriron relixiosamente (nunca mellor dito) ano tras ano, durante nada menos que tres séculos, ata que Napoléon, moi farruco e en pleno crecemento como militar, os chimpou da illa.
Xa contarás se a lectura paga a pena!