Saltar ao contido principal

Rebelión na granxa

Non me diredes que desta vez non lle puxen creatividade á hora de facer a foto! A historia ben o merece... Ollo senón a esta impresionante fábula.



A arenga comeza así: "El hombre es el único ser que consume sin producir. No da leche, no pone huevos, es demasiado débil para tirar del arado... Sin embargo es dueño y señor de todos los animales. Los hace trabajar, les da el mínimo necesario para mantenerlos y lo demás se lo guarda para él... ¿No resulta entonces de una claridad meridiana, camaradas, que todos los males de nuestras vidas provienen de la tiranía de los seres humanos? Eliminad tan sólo al Hombre, y el producto de nuestro trabajo nos pertenecerá.".

Seguindo os consellos dun enorme cocho que puido vivir e ver máis do habitual, os animais do señor Jones rebélanse contra os seus amos humanos e, tras lograr expulsalos, fanse co poder e as rendas do funcionamento da granxa, cos cochos como clase dirixente. Pero rapidamente estes iranse corrompendo co poder (¿sónavos?) para rematar instaurando unha tiranía igual ou peor que a existente antes da rebelión, baixo o enrevesado lema "Todos los animales son iguales. Pero algunos animales son más iguales que otros".

Orwell publicou este libro en 1945, con moita da Historia que hoxe estudamos vivida e ben vivida na súa propia pel. Pero a súa intención non era un conto para nenos, senón amosar ao mundo a verdadeira cara do réxime soviético de Stalin. Aí é nada... Só un xenio podía contalo dunha maneira tan clara e sinxela de entender. Así que, a pouco que vos fixedes, toda a novela vos resultará en realidade unha caricatura habilísima, certeira e descarnada da impresionante maraña de personaxes, ideas e feitos que formaron parte desa Historia. Que por certo é sempre a mesma: a loita polo triunfo duns ideais nobres, botada a perder baixo a tutela de dirixentes case sempre sectarios, egoístas, tiranos, manipuladores, corruptos...  De, como dirían os vellos: "moita xente, e poucas personas..."


REBELIÓN EN LA GRANJA, de George Orwell

Comentarios

  1. Marcela9/12/11

    Non sei se está pensado, pero o feito de que un dos cochiños mire cara arriba, cara nos, da unha sensación de magnetismo incrible, como se os propios personaxes nos chamasen a descubrilos, ou como se este nos estivese botando o ollo para arrebatarnos o poder ^^

    ResponderEliminar
  2. Supoño que nos mira así un pouco polos dous motivos... aínda que eu me incline máis polo segundo.
    Probei uns cantos encadres, e pareceume potente o feito de que nos mirase aos ollos, retador...
    Así que, quedades presentados: Aquí Marcela, lectora intelixente, e aló Snowball e Napoleón, os dous cochos instigadores da rebelión. Este último é xustamente o que nos reta coa mirada. Perigoso e manipulador ata a dor. O que avisa non traizoa...
    Cada animal representa un tipo de conducta ou de persoa concreta. Lamentei non ter un cabaliño... o seu é o papel máis digno de todos.

    ResponderEliminar
  3. Este tócalle despois do ''Silmarillion''.... de Orwel xa lein ''1984'' e a verdade é que se converteu nun dos meus libros favoritos, por detrás de ''El Padrino''.
    Gran libro seguro e mellor escritor!
    Un Saudo Miguel!

    P.D. Sigo insistindo en que tes que ver ''Érase una vez en América''

    P.D.2. Visitade a Escena Da Semana!!
    http://aclockworkfiction.blogspot.com/p/escena-da-semana.html
    (Perdón polo Spam)

    ResponderEliminar
  4. Os "ministerios", a "habitación 101", a "neolingua"... Tamén lin "1984" hai tempo, e impactoume tanto como a ti, Duarte. Por visionaria, por agobiante, polo que ten de crítico e denuncia da ameaza dos totalitarismos. "Rebelión na granxa" é moito máis breve e sinxelo de ler, pero ambos libros teñen en común o obxectivo de advertirnos contra a mesma ameaza.
    Jajaja, aquí Aclockworkfiction nunca será Spam. E menos con ese pedazo de entrada (e sección) detrás.
    Tomo nota urxente da insistencia, que non esquecera en absoluto: para 225 minutos, máis que ter un oco fai falla un furado... xa case o teño.

    ResponderEliminar
  5. Un libro para apuntarse. Aunque coa lista que xa che dixen de libros que teno...vou tadar en leelo.

    Creo que teno unha adiccion...lein Hamlet, volvino a leer anotanto e analizando todas as accions e....teno ganas de volvelo a leer. Pasareime toda a vida leendo Hamlet? jajaja
    Loitarei para quitar esta obsesion e centrarme en El Halcon Maltes. jeje

    ResponderEliminar
  6. Bueno, de Hamlet a Hammet (autor de El Halcón Maltés) tampouco hai moito... A vida está feita de curiosas coincidencias.
    Non lin "El Halcón Maltés", porque a novela negra non me gusta especialmente (quizá precisamente porque non adoito lela). Pero a historia vén dun episodio histórico moi interesante, que é a obriga que Carlos V, como rei de España, lle impuxo aos cabaleiros da Orden de San Juan de Jerusalén a cambio de cederlles a illa de Malta. Cada ano, os cabaleiros debían entregar á coroa española, como tributo, un falcón de cetrería, debidamente adestrado para a caza. E os cabaleiros cumpriron relixiosamente (nunca mellor dito) ano tras ano, durante nada menos que tres séculos, ata que Napoléon, moi farruco e en pleno crecemento como militar, os chimpou da illa.
    Xa contarás se a lectura paga a pena!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Petos de ánimas: o medo como arma

  “ Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás ” . Eso pon nalgúns coma este. Glups. Coñeces os petos de ánimas?... De noite e, coa única luz dunha vela, a imaxe impresiona. E xuro que non a puxen eu. Este está nun cruce de camiños, sobre unha pilastra. As figuras representan tres almas (unha delas con mitra, polo tanto un bispo) ardendo terrorificamente entre enormes lapas de lume no Purgatorio, cunha pomba (o espírito santo) sobre as súas cabezas. Se un se achega ben, aínda é posible descubrir restos da pintura vermella nas lapas, engadindo unha dose extra e moi truculenta de realismo. Qué demo é esto? E por que hai unha vela aí? Explícoche: Un PETO é unha hucha. Non a ves, pero detrás do cirio da foto hai un oco para depositar moedas nunha caixa baixo chave. Chave que por certo tería o párroco. As ÁNIMAS son as almas. Almas de persoas mortas que, por algún motivo, non poden acceder aínda ao ceo. E aí están, pasándoo mal, penando. E dando pena. O PURGATORIO sería ese espaz...

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Don Carnal e Dona Coresma: 2019 vs 2021

É curioso. Quería explicar o Carnaval ou Entroido : ese período de excesos permitido pola Igrexa católica para facer máis soportable o que vén despois, a Coresma, un período de corenta e seis días de pouco alimento e moita penintencia, para lembrar o tempo que pasou Xesús no deserto soportando todo tipo de trasnadas de Belcebú.  E quería usar para esa explicación este cadro do sempre espectacular pintor flamengo Brueghel o vello . Un auténtico animal . Tanto, que cinco séculos despois, as súas pinturas seguen tendo algo que atrapa, que cautiva. Neste caso, unha táboa que leva por título O combate entre Don Carnal e Dona Coresma . Unha obra moi do estilo El Bosco, con moito detalle, moito caos, moitas persoas, moita actividade, moitos simbolismos deses que che fan abrir os ollos e darían para vinte programas de Cuarto Milenio... Estaba así, con moito zoom, embobado en descubrir cada recuncho da obra, cando de súpeto pensei... pero se isto somos nós. Si, si! Estes somos nós! A ver,...