Cantas películas hai sobre Drácula ou os vampiros? Centos? Miles? Poucas están á altura da alucinante e extraordinaria novela de Bram Stoker (nunca me cansarei de recomendarvos que a leades!). Pero esta ten algo especial: é a curta máis curta que nunca se fixo sobre o tema, e creo que ao xenial autor inglés lle gustaría moito.
Máis rápida? Imposible.
Máis sinxela? Complicado.
Máis orixinal? Valorade vós mesmos.
Probade a dar ao Play catro ou cinco veces seguidas...
Canto máis o ves, mellor se apreza a xenialidade!
Xenial! Que pena non descubrila antes! Os lectores do Librako gozaríamos moito fai dous anos con esta curta nuha das nosas sesións.
ResponderEliminarÉ unha interpretación orixinal e especial da obra.
Que grandes os 5 segundos! Resplandece de orixinalidade por todos os costados.
ResponderEliminarAún sen leer a obra, as películas que mais me gustan de este tema son as duas de Nosferatu, a de 1922 e a de 1979. As dúas teñen como unha atmósfera esencial, que non encontro nas demáis.
Xenial!! encántame!!
ResponderEliminarA verdade é que si... é desas ideas que a un lle fan sorrir, especialmente ao que se lle ocorren. Empregar o afiado lapis como mortífera estaca é orixinal a rabear.
ResponderEliminarDenís: teño Nosferatu, a de 1979, a punto para ver nunha xélida noite calquera deste inverno.
Coa mesma duración que un estornudo e a mesma intensidade dunha montaña rusa...
ResponderEliminarOu dun bo estornudo...
ResponderEliminarQue bo!
ResponderEliminarEu tampouco nunca me cansarei de recomendar esa grande obra de Bram Stoker!!!
Un saúdo!
Non coñezo a lector algún que quedara defraudado con ese pedazo de libro. Máis de cen anos despois de ser escrito, cómese ao lector dun bocado.
ResponderEliminarUn saúdo Gema!