Ela chámase Kseniya Simonova, fai arte con area, e se non o vistes... tedes que velo.
Ucraniana, de 25 anos, a crise levou o seu negocio ao tacho no 2009. Por iso, e porque tiña un don, decidiu presentarse ao concurso de televisión "Tes talento" na súa edición daquel ano. E alí, sementando admiración e bágoas no público a partes iguais, logrou a vitoria. Fíxoo cunha animación con area de oito minutos, na que narra a dor sufrida polo seu pobo durante a invasión dos nazis na Segunda Guerra Mundial. Construíndo unha historia fermosa, coa única axuda dun pouco de area, unha luz, algo de música, e as súas mans. Talento, creatividade, sensibilidade... ARTE.
Clic na imaxe!
Espectacular, fai marabillas coa area. De feito quedei alucinando, é incrible como pode facer que o público se emocione desa maneira, tremendo.
ResponderEliminarEu tamén quedei sorprendido. É unha artista moi intelixente. Podería concursar construíndo beleza, e punto; pero lonxe diso toca un tema histórico, difícil, con guión, e busca conmover ás almas que a examinan. Sabe que para chegar á xente, hai que atacar aos sentidos.
ResponderEliminarAquí non vivimos unha ocupación do país por parte dos nazis. Non temos iso gravado na memoria, e por iso nos sorprende que choren. Pero para eles este conto de area é como abrir o armario das pantasmas.
Atopei outro vídeo desta rapaza que me deixou máis alucinada se cabe:
ResponderEliminarhttp://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=1gXwVpJObDs#!
Alucino con iso de que sexa capaz de facer rostros tan expresivos (os ollos!) e definidos tan so cuns graos de area. A música está moi ben elixida. Se no vídeo da entrada saía unha versión de "Nothing else mothers", neste que recomendas recoñécese a partir do minuto seis o tema principal da peli "Requiem por un sueño", da que xa faláramos algo no blog. Incrible o cabalo que debuxa en segundos. Ao parecer trata un tema da mitoloxía nórdica. Grazas polo aporte!
ResponderEliminarEsta rapaza merece un premio! como compaxina arte,música,historia e emocións.Preciso!
ResponderEliminar