Hai días en que un recorda o porqué deste blog. Na radio, na tele, no xornal, en internet... Levo todo o día atopando cousas para compartir con vós: cos que algún día fostes alumnos, ou cos que o sodes agora. E é que a actualidade cúspenos Xeografía á cara. Os dous bonitos exemplos de hoxe van de relevo, e do como se forma.
Exemplo 1. Abro a edición dixital de El País e atópome en portada unha de Forzas Internas da Terra metidas en faena: cada puntiño da imaxe é un dos dez mil sismos! que avisan do volcán submariño a piques de medrar en Hierro, Canarias.
Para iso serve a Xeografía. Para entender o telediario, por exemplo. Ou para comprender o pequenos e indefensos que resultamos fronte a unha natureza enorme e salvaxe.
Exemplos doutros días de planeta xoguetón, facendo clic en: volcán submariño en erupción no océano Pacífico, corremento de terras en Italia, ou terremoto e posterior tsunami do ano pasado en Xapón.
Ai a xeografía...coas formas do relevo andamos nós ás voltas! Cousas descoñecidas, pero que están ben, polo menos saber como se formou Galiza por exemplo, a min eso gústame jaja agora os comentarios de mapas topográficos por exemplo...ai non, iso nadiña...pero bueno, de aquí a selectivo malo será!
ResponderEliminarTranquila Andrea, porque no selectivo non se estilan os comentarios de mapas topográficos. Hai anos que non cae un. Pero bueno, haberá outros... Moito ánimo,e sacade proveito dos exemplos das noticias.
ResponderEliminarBuf!impresionante! e que medo estar preto ou ter que vivir algo así.
ResponderEliminarSi que asusta, Sandra; pero o saudable é pensar que un día tamén nos tocará a nós. Saudable é coñecer onde vivimos, para saber o que un día nos pode pasar (todo o mundo sabe da orixe volcánica das Canarias) e estar preparados para afrontalo sen aspaventos e berros de incompresión. Saudable é saber, en definitiva, para ter preparada a nosa moeda para o barqueiro.
ResponderEliminar