Pasa poucas veces. Pero hoxe vin un anuncio de matrícula: dos que falan dos problemas, dos soños e da vida das persoas. Un anuncio que te agarra polas orellas, engánchate ao televisor e mantente en vilo ata o momento final en que sae a marca anunciante. Tres minutos! para contar con tempo e calma a necesidade de non matar a vida con tanto mundo virtual; a enorme importancia de non esquecerse de vivir...
E si, tamén isto persegue vender, pero...
acaso lembrades moitos anuncios así?
O anuncio é moi bonito e para min simula tal como é a realidade hoxe en día. Eu non me sinto moi identificada porque por sorte (ou eso creo eu) vivo no rural e aínda que non temos todo como na cidade, temos outra forma de pasar o tempo, aínda que cada vez estamos máis "contaminados" polo mundo virtual
ResponderEliminarVin onte o anuncio!e de veras que te colle polas orellas.Estaba miña ermá facendo ruído e pedinlle que parara un momento, quería saber de que se trataba e ao mesmo tempo via como me mostraba en pouco tempo a vida real,non era capaz de quitarlle ollo...abofé que non recordo ningún outro coma este.Encantoume!
ResponderEliminarPrimeiro interese, despois sorpresa, e acabas sorrindo... Unha gozada de anuncio: mellor que o 50% da grella televisiva.
ResponderEliminarNerea: tédelo todo. E enriba, están as empanadas do Muriato e compañía. Non en serio: o que falta é accesorio, con telo a tiro de coche é suficiente.
As empanadas do Muriato son as mellores jeje Tes razón no de que todo está a tiro de coche:)
ResponderEliminarEncántame! é boísimo!! recórdame aos meus avós,a miña infancia nas súas casas,qué ben o temos pasado! Qué grande e vivir nun sitio así,sobran videoconsolas,pda,ect e é certo tendo a tiro de coche,non necesitas nada máis.Eso é vivir ben, é como din noutros grandes anuncios,os de Ikea : "no es más rico el que más tiene,sino el que menos necesita".
ResponderEliminarah! e eu tamén digo o mesmo...qué ricas as empanadas de Muriato!!!!e o pan!!!!con nocilla!!!!!!!!!
ResponderEliminar