Saltar ao contido principal

A balada de Corto Maltés


Hai unha muller con nome de barco antigo á que aprezo moito. Ela non o sabe, pero na nosa última conversa (viaxes, libros, cine... Cousas así, que a moitos nos gustan e nos reconcilian coa vida), deixou sementada a entrada pola que agora deslizades os vosos ollos. E aínda que non se chame Pandora, a imaxe da portada retrátaa bastante ben. Así que hoxe tamén ela forma parte desta moeda.

Corto Maltés é un mariño. Duro, astuto, valeroso, fiable como unha rocha, e dun atractivo irresistible para certa clase de intrépidas lectoras. Hugo Pratt creouno en 1967, e ata 1989 foi publicando diversas aventuras súas ata convertelo nun auténtico clásico do cómic en todo o mundo. Polas súas historias, sabemos que Corto naceu en Malta en 1887, de nai sevillana e pai inglés, e que pasou a súa infancia en Córdoba. Alí, unha xitana quixo lerlle a man e descubriu que non tiña "liña da Fortuna"; por iso, a fixo el mesmo valéndonse dunha navalla de afeitar de seu pai. Para que vos fagades unha idea de como é Corto. Despois, embarcouse un bo día, e desde entón nunca deixou de vivir aventuras a través do Pacífico e outros mares.

"La balada del mar salado" é precisamente a primeira das historias nas que aparece o noso protagonista. Nela, dous rapaces novos, Caín e Pandora, aparecen flotando á deriva no océano Pacífico, preto da Nova Guinea alemana e a piques de estalar a I guerra mundial. Desde o momento en que os rescaten, irán deixando de ser dous nenos para sentirse inmersos de cheo nun mundo de adultos salvaxe e perigoso, no que todos conspiran e ninguén se respeta. Cuspidiño á vida, en moitas ocasións.

E non podo desvelarvos máis. Pero por se aínda tendes dúbidas, regálovos, polo morro, algunha das poderosas viñetas desta historia mítica... Para que vexades. E co desexo de que vos engache:


CORTO MALTÉS. LA BALADA DEL MAR SALADO, de Hugo Pratt
Grazas a F.R., por legarme este libraco.

Comentarios

  1. Vitoria15/9/11

    Enamoreime de Corto nesta aventura,e non é coña, cando as miñas amigas suspiraban por actores ou cantantes de moda eu soñaba con él, e que fora un debuxo non supoñía ningún problema,nunca olvidarei a súa mirada cando se despide de Pandora:
    - Estás muy bonita. Me recuerdas a un viejo tango que oí en Buenos Aires.
    - Será porque me parezco a alguna mujer que conociste allí.
    - Precisamente porque no te pareces a ninguna quisiera encontrarte en todas partes.
    - No me iré contigo, Corto Maltés.
    - Lo sé.

    ResponderEliminar
  2. É unha páxina incrible, a da despedida entre ambos... No debuxo e no texto. Con ese Corto Maltés que de pronto queda sorprendido de si mesmo e coa mirada perdida... ou quizá con mirada de pérdida.
    Altamente recomendable!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

III Concurso CineHistoria

Como cada curso, e xa van tres, en 1º de Bacharelato empregamos a Historia como unha escusa para ver cine... Ou será que usamos o cine como escusa para ver a Historia? O funcionamento é sinxelo. Entrego unha lista de películas por época histórica, concedo un prazo amplo para ver unha delas e despois realizamos un concurso de críticas onde cada un busca unha forma orixinal e breve de falar da peli que elixiu... Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o  III CONCURSO CINE HISTORIA  de 1º Bacharelato! 49 películas na lista. 41 candidatos que escribiron a súa minicrítica (8 liñas). 3 pelis de premio (as da imaxe) para as 3 mellores! A partir desta tarde podedes lelas todas, nos Comentarios  desta entrada. Este Xoves 4 , na clase e no blog:  Gañadores, Premio e Foto! Sorte a todos!