09/07/11

"Kamchatka", un lugar para resistir

09/07/11

Lembrádesvos do Risk, ese xogo de mesa sobre a conquista do mundo? Disque hai algún profe que incluso o leva a clase, para explicar non sei que Historia... Pois esta é unha peli para os amantes do Risk (Kamchatka é un dos territorios a conquistar), un xogo que pode servir incluso como metáfora da vida cando as cousas se poñen difíciles.

Clic para ver o tráiler


Porque Kamchatka (ficha AQUÍ) é a infancia dun neno rota por un golpe de estado e unha ditadura que, coma todas, tentará eliminar a todo disidente, incluída a familia protagonista. Escapar é, a partir de aí, a palabra clave. Pero ollo: nesta película non veredes acción, nin política, nin execucións, nin guerra... Senón so sentimentos. Sobre todo o sentimento de que tes que fuxir, ocultarte, marchar, protexer aos teus e ata construir un lugar ficticio para que os nenos, que non poden entender moi ben o que pasa, aprendan tamén a resistir. E é aí onde aparece o xogo, e o lugar: Kamchatka.

Gústame o cine arxentino. Porque sempre conta unha historia, porque céntrase no guión e as interpretacións, porque fala de sentimentos e cousas que nos pasan, e porque nelas os protagonistas sempre son as persoas. Porque é un cine que non ten máis pretensións que o de falarnos da vida, e do difícil que ás veces é vivila. E para contar unha boa historia, non hai mellores guións que os que a vida ofrece.

Recibe os contidos no teu correo

2 comentarios

  1. Sandra11/7/11

    Ten moi boa pinta,vereina.No cine hai agora unha peli arxentina "Cuento chino",seguro que está moi ben,teño ganas de ve-la,se o fago,xa vos contarei.Por certo,boas vacacións a tod@s!!!

    ResponderEliminar
  2. Vina. Un inicio raroraroraro: unha vaca cae do ceo... e non digo máis.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK