Moi pronto, dezaoito espíritos viaxeiros do instituto voaremos cara Barcelona. Alí agárdannos moitas cousas. Pero sobre todo, espéranos o simple pracer de viaxar e a gran sorte de compartir. Mentres nos preparamos para eses días que non dan chegado, creo que é o momento idóneo para propoñervos a película Vicky Cristina Barcelona (ficha, aquí; trailer, acolá).
Nela atoparedes unha cidade fresca e encantadora (como non... Barcelona), uns personaxes de carácter rotundo e moi diferentes entre si (con reparto de luxo), un modo sexy e sorprendente de relacionalos, e un retrato ácido do curiosa e tola que pode resultar a vida. Non é a mellor peli de Woody Allen. Pero mentres non vaiamos á súa adorada Manhattan, é a que mellor nos cae! A ver se vos gusta.
Eu vin esta peli no cine e gustoume.Penélope Cruz faino moi ben,a súa personaxe está coma unha chota!.Qué envexa sana esa viaxe!!!Desfrutádea moito!!
ResponderEliminarBoa viaxe!!! Desfrutade moito dese fermosa ciadade! Xa nos contaredes á volta :)
ResponderEliminarGrazas! Igual vos informo cunha entrada desde alí, pero non sei se atoparei cinco minutos para colgarvos unha foto ou algo da nosa viaxe. De todos modos, á volta, esperamos ter moito que contar, e algo que ensinarvos!
ResponderEliminarBoa viaxe!Aproveitade ao máximo os días que todos sabemos que pasan voando!
ResponderEliminar