15/06/11

Vós Nós Barcelona

15/06/11

Moi pronto, dezaoito espíritos viaxeiros do instituto voaremos cara Barcelona. Alí agárdannos moitas cousas. Pero sobre todo, espéranos o simple pracer de viaxar e a gran sorte de compartir. Mentres nos preparamos para eses días que non dan chegado, creo que é o momento idóneo para propoñervos a película Vicky Cristina Barcelona (ficha, aquí; trailer, acolá).


Nela atoparedes unha cidade fresca e encantadora (como non... Barcelona), uns personaxes de carácter rotundo e moi diferentes entre si (con reparto de luxo), un modo sexy e sorprendente de relacionalos, e un retrato ácido do curiosa e tola que pode resultar a vida. Non é a mellor peli de Woody Allen. Pero mentres non vaiamos á súa adorada Manhattan, é a que mellor nos cae! A ver se vos gusta.

Recibe os contidos no teu correo

4 comentarios

  1. SANDRA16/6/11

    Eu vin esta peli no cine e gustoume.Penélope Cruz faino moi ben,a súa personaxe está coma unha chota!.Qué envexa sana esa viaxe!!!Desfrutádea moito!!

    ResponderEliminar
  2. Nerea17/6/11

    Boa viaxe!!! Desfrutade moito dese fermosa ciadade! Xa nos contaredes á volta :)

    ResponderEliminar
  3. Grazas! Igual vos informo cunha entrada desde alí, pero non sei se atoparei cinco minutos para colgarvos unha foto ou algo da nosa viaxe. De todos modos, á volta, esperamos ter moito que contar, e algo que ensinarvos!

    ResponderEliminar
  4. Miriam17/6/11

    Boa viaxe!Aproveitade ao máximo os días que todos sabemos que pasan voando!

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK