28/06/11

Malèna

28/06/11

Ficha da película, AQUÍ
"Conocí a tantas mujeres que me han dicho 'Acuérdate de mí'...
Pero la única que jamás olvidé es aquella que nunca me lo pidió."

MALÈNA, de Giuseppe Tornatore

É ben certo que é imposible amar aquelo que non se coñece. Nin sequera á espectacular Mónica Bellucci, aquí dirixida por Giuseppe Tornatore (o director da preciosa Cinema Paradiso) con banda sonora de Morricone (escoitar AQUÍ).

Italia está en plena II Guerra Mundial, pero nun pequeno pobo siciliano o obxecto de todas as miradas e conversas non é a guerra, a fronte ou Mussolinni, senón Malena. Na súa calada soidade, Malena posúe unha beleza tan apabullante, que non tarda en espertar a envexa, o odio e as iras de todo o pobo, que a mira e a xulga sen coñecela. Todos, salvo Renato, un neno de 13 anos (perdonádelle a efervescencia), que cada día sae a observala, a seguila e a admirala. Sen apenas darnos conta, a película vai pasando dunha aparente homenaxe á beleza feminina, a ser un cruel (pero que moi cruel, advirto) e descarnado retrato da sociedade: máis preocupada en prexulgar e envexar, que en coñecer, comprender e axudar. Ao final, quedaredes cun interrogante... Compartímolo nos comentarios?

Recibe os contidos no teu correo

18 comentarios

  1. Nerea28/6/11

    Vín La Vida es Bella, agora tócalle a Gran Torino e despois será esta. O pequeno argumento que deche pareceume moi interesante. Cando a vexa xa comentarei! Grazas polas túas recomendacións :)

    ResponderEliminar
  2. Que boas pelis, Nerea. Cando vexas Gran Torino avisa, e facemos unha entrada aquí, vale?

    ResponderEliminar
  3. Sandra29/6/11

    Vou ver "Malena" esta mesma noite e mañá cóntovos.Nerea:gustouche "La vida es bella"?.Miguel,paréceme xenial que lle dediques unha entrada a "Gran Torino" e unha gran película.Meréceo.

    ResponderEliminar
  4. Nerea29/6/11

    Sandra La vida es Bella non me gustou, encantoume! Chorei moito pero supoño que non fun a única jeje
    Grazas pola recomendación.
    Eu vou ver Gran Torino hoxe e xa vos conto :)

    ResponderEliminar
  5. Nerea30/6/11

    Xa vin a peli, encántoume!!! Encantoume o protagonista, Walt, era un papel difícil e fixoo xenial. O momento que máis me gustou foi cando lle presta o seu Gran Torino a Tao, porque demostrou que non era unha persoa tan fria como parecía.
    Se a tivera que puntuar do 1 ao 10 daríalle un 9 porque non me gustou na maneira na que morreu.

    ResponderEliminar
  6. Sandra30/6/11

    Non conseguín no videoclube "Malena",pero en canto a consigan xa vos conto.Nerea,alégrome moito de que che gustara "La vida es bella",é triste,eu tamén chorei,pero é preciosa."Gran Torino" tamén che vai gustar moito,xa verás.Miguel,agardamos esa entrada do Gran Clint Eastwood.

    ResponderEliminar
  7. Nerea: non che gustou a maneira na que morreu... ou o feito de que morrera? (a min sempre me gusta que acabe un pouco mal). Por certo... non che recordou o protagonista a certo antigo "Don..." do instituto?

    ResponderEliminar
  8. Nerea30/6/11

    Non me gustou que morrera sen antes ter un acercamento cos seus fillos. Deste ano? É que se foi dos anteriores este é o meu primeiro ano en Meira.

    ResponderEliminar
  9. Entendo, pero iso achégao máis á vida real, onde é difícil que todo acabe ben.
    Claro, non podes coñecelo! Non me din conta. É unha mágoa: ata o ano pasado, tiñamos un Kowalski no instituto. Cuspidiños... E un pedazo de profesor.

    ResponderEliminar
  10. Nerea30/6/11

    Creo que xa sei a quen te refires, téñenme falado del jeje
    Por certo a peli de malena, solo a dou baixada subtitulada, sabes de donde a podo baixar?

    ResponderEliminar
  11. Nerea: faime caso, míraa subtitulada. Así a vin eu. Hai pouco diálogo, e o italiano é máis gracioso e asequible que o inglés. Aos 5 minutos olvídaste de que estás lendo, e é moito mellor así que dobrada. Logo cóntasme.

    ResponderEliminar
  12. Denís1/7/11

    Aún teno a Malena na mina memoria ( refirome á peli, non á protagonista jajaja ) grazas por recomendarma Miguel xa que foi unha grata sorpresa.
    Pois eu estes dias xa vin unhas cantas pelis como:

    El club de los poetas muertos, sendo de Peter Weir xa me esperaba algo con xeito, e asi foi, e para sorpresa mina Robin Williams facendo un papel serio e ben actuado! Boa pelicula, como un profe pode animar a toda unha clase, a facerlles ver as cousas de outra maneira e que perdan os seus medos.

    La princesa Mononoke, que grande o anime xapones! Desta vez nesta peli encontreime un mundo que me recordou a Avatar, sendo a natureza, e a sua salvacion, o mais importante. Os animais do bosque loitaran polo seu territorio, loitando contra os humanos.

    Un condenado a muerte se ha escapado, que sensacion de soledad transmite esta pelicula mediante continuos planos cortos do protagonista que se encontra encarcelado. Recordoume a outra pelicula similar pero diferente que se chama La evasion ( aqui centrase na astucia dos prisoeiros para poder fuxir)

    Viy, pelicula rusa de 1967 que narra un conto sobre unha bruxa e un sacerdote. Gustoume, ten detalles moi bos pero falla noutros aspectos.

    El manuscrito encontrado en Zaragoza, unha das peliculas mais espanolas que vin! e ironicamente esta realizada por polacos. (xa sabemos que o cine Espanol....) Encantoume, algo larga pero pronto quedas enredado. Aqui mentres se esta nunha historia aparece outra dentro desta, e dentro da ultima outra e quizais aun outra dentro de esta ultima. Moi entretenida.

    El beso mortal, Cine negro do bon, asesinatos, personas malas, misterios, e un protagonista que busca unha razon por todo. Gran pelicula que me gustou moito.

    Cuando pasan las cigüenas, Maravillosa pelicula Rusa ambientada na II guerra mundial. Relata aunha historia de amor, na que él marcha alistado no exercito, e ela queda sumanente desamparada. A historia centrase nela para rematar nun final mais que emocionante.

    Esto foi todo de momento, pero aun me quedan moitas historias que remexer jejeje
    Que grande o noso Don Kowalski (anteriormente conocido como Harry el sucio do IES; rixido, serio e coa sua lei na man jajajajaja) agora aprendendo ingles (lóxico, era o único que lle faltaba pa ser unha copia perfecta do orixinal) jaja

    ResponderEliminar
  13. "Ríxido, serio e coa súa lei na man"... Qué grande!
    Isto si que é ver cine, eh? Grazas Denís, por darnos tantos títulos. Nas noites de verán parece que sempre presta máis ver cine, así que fai faltar repertorio. Das que mencionas só coñezo "El club de los poetas muertos", pero seguro que pronto han caer unhas cantas...

    Se alguén máis se anima con algúnha destas pelis, podemos comentalas despois aquí, en Malena... (a ela gustaríalle)

    ResponderEliminar
  14. Nerea1/7/11

    Vín Malena... un película dura na que as mulleres éramos as nosas máximas retractoras. Pero teño unha pregunta: Por que ese cambio no trato hacia Malena despois de volver co seu home? Sen dúbida a sociedade era moi cruel!

    ResponderEliminar
  15. Bueno, os homes, á súa maneira, tampouco quedaban atrás á hora de maltratala, non?
    Esa que fas, Nerea, é a pregunta á que me refería ao final desta entrada. Creo que todos quedamos moi estrañados con ese final. Denís mais eu coincidíamos en que nos parecía esaxerado, aínda que me gustou o feito de que volvera, como buscando unha dignidade que non tiña porque ter perdido. Eu creo que o que cambia a actitude dos veciños é que Malena volve ser unha muller casada. Xa ten marido, xa non é solteira, xa non representa un perigo para o resto. Así de cruel.
    O que si me encantou foron as palabras do neno, xa maior, reflexionando sobre a súa vida e pechando a película.

    ResponderEliminar
  16. Nerea1/7/11

    A min tamén me gustou que volvera, de feito quería que vólvese. Pero se en realidade era como eles e elas a describían daba igual que tivera casada non?
    O personaxe do neno encantoume, e as súas últimas palabras son fermosas.

    ResponderEliminar
  17. Pois si... supoño que iso é o que o afasta un pouco de resultar creíble. É un cambio demasiado radical, ou a min pareceumo.
    Supoño que ao final víchela en versión orixinal con subtítulos... a que non costa tanto?

    ResponderEliminar
  18. Nerea2/7/11

    Si vina con subtítulos, e leveina ben, non se fixeron tan pesados como ver un película subtitulada do inglés!

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK