Saltar ao contido principal

Un guiño á nosa viaxe

Modernismo, música, sol, ramblas, arte, noite,...
Un guiño a todo o bo que nos agarda en Barcelona.
Ánimo, que xa queda menos!
 E GRAZAS, por elixirme para acompañarvos.

Comentarios

  1. Non é Trafalgar peeeero...
    Eso sí, en arte non ten nada que envexarlle.
    menos mal que hai alguén que entende que sgora que somos alumnos preuniversitarios temos outros intereses (dito así moi profesional soa....jaja)
    PD: a foto de Ryanair foi o mellor no medio de tanta arte...a verdade é que o avión forma parte moi importante da viaxe, si señor!!

    ResponderEliminar
  2. Peeero... é unha viaxe á altura, desde logo!
    O de viaxar en avión é un logro como a copa dun pino!, e seguro que é unha das cousas que imos vivir con máis intensidade (espero que non con excesiva intensidade...). Por certo, cando sería a última vez que unha excursión do Pedregal de Irimia colleu o avión? Seremos os primeiros?
    Ide pensando as vosas propostas!

    ResponderEliminar
  3. Home...a Londres foron en avión ou? fai dous anos... ou fóstedes?
    dentro de España non creo que a ninguén se lle ocorrese ir en avión...(ata fomos en bus a Valencia, ata a outra punta de España!)
    creo que vai haber que manter o Nou Camp... xa dicía eu jej
    Ir en avión é unha experiencia que hai que vivir...e se se vive con demasiada intensidade hai que irse acostumando...jej

    ResponderEliminar
  4. A Londres? Manda truco, e eu pensando que eramos pioneiros.
    Bueno, se toca o Nou Camp, aló imos. Pero que non nos quede sen trotar o resto!

    ResponderEliminar
  5. Pilar López22/5/11

    Non sabía que iades a Barcelona, cando fostes ou ides? Agardo que o pasedes moi ben, eu fun no Entroido cunha compañeira e pasámolo xenial. Tamén visitamos moita arte (a Sagrada Familia, a casa Batlló, La Pedrera, o Parq Güell, o Palau da Música, por certo,unha beleza) e o que non era arte (as Ramblas, o Mercat das Ramblas, unha cafetería á entrada das Ramblas que era espectacular, se me lembro do seu nome, xa volo indicarei)En fin que o pasamos en grande.
    Gozade moito da viaxe e portádevos ben cos profes que ben o merecen. Cando menos,igual de ben ca os de 4ºESO en Andorra.
    Moitos bicos e apertas

    ResponderEliminar
  6. Ola Pilar!
    Pois imos no mellor momento posible: despois de facerse públicos os resultados de selectividade, co traballo rematado.
    Curiosamente, todos os marabillosos lugares que mencionas van incluídos nos roteiros que xa temos case deseñados para eses días. O Palau da Música queríamos velo en plena actuación, pero aínda non sabemos se será posible.
    Xa nos dirás o nome desa cafetaría!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Encoro d