Andrea é curiosa e inquieta, coma moitos de vós, e interésalle a política. Así que onte pregunteille pola noticia destes días. Despois desa amena conversa, quedei pensando no tema...
O finado non era o heroe troiano Héctor, precisamente; pero durante a nosa conversa, non puiden evitar lembrarme da Ilíada e, por extensión, da película Troya. Nela, tras vencer a Héctor, Aquiles lévase con el o cadáver, arrastrándoo ata o seu campamento, e negándolle así aos troianos a posibilidade de que o vencido puidera ser honrado cuns funerais apropiados. A guerra é tan cruel, que non basta con vencer. Tamén hai que humillar...
E entón, aparece Príamo. O pai do vencido, impotente ante esta humillación, roto pola dor, e sen importarlle xa o perigo, acode pola noite ao campamento do asasino de seu fillo. Faino para axeonllarse ante el e implorarlle que lle devolva o corpo, con lamentos que incluso ti, eu, o presidente Obama, ou o bravo Aquiles nunca poderíamos deixar de escoitar:
Déjame que lave su cadáver,
déjame que rece las plegarias,
déjame que coloque dos monedas sobre sus ojos para el barquero...
Miguel ! Encántame o blog, é moi orixinal, e tratas temas moi moi interesantes.
ResponderEliminarEste de tema de Bin Laden, do cal como ben dis conversamos, paréceme moi acertado que o relaciones co que pasou co troiano Paris, pois sí nese caso o inimigo mostrou respeto, entregándolle o cadáver ao pai do morto, mentres que EE.UU non mostrou respeto ningún, pois aínda que fose o seu inimigo tiña dereito a un xuízo xusto ou no caso de morte, polo menos a que a familia recibise o corpo. Pero o de arroxar o cadáver ao mar foi un mero símbolo dos EE.UU para borrar da face da terra para sempre ao seu maior inimigo. Creo que debería un país como é EE.UU estar por encima de eso, e respetar que polo menos, o inimigo, sexa enterrado decentemente.
Sigue así con este blog, que me gusta moito!
Unha aperta!
Grazas polas túas palabras, Andrea. Con vós, facer isto é moito máis fácil. Seguro que das conversas que temos por diante xorden moitísimas máis entradas (algunha sobre o nazismo... non?).
ResponderEliminar