06/05/11

De enemigos e de respecto

06/05/11

Andrea é curiosa e inquieta, coma moitos de vós, e interésalle a política. Así que onte pregunteille pola noticia destes días. Despois desa amena conversa, quedei pensando no tema...

Bin Laden era obxectivo bélico de EE.UU. desde os atentados das torres xemelgas, no 2001. E as guerras, nunca son morais, éticas ou virtuosas. Por iso, hai uns días, cando o tiveron a tiro, non xogaron con balas de fogueo: matárono (sen xuízo previo: era unha guerra), e eliminárono por completo (porque desaparecendo os seus restos, xa non é posible a invención dun mártir e do seu correspondente santuario de peregrinación... ¿Como pensades senón que naceu Santiago de Compostela, hai mil douscentos anos?).

O finado non era o heroe troiano Héctor, precisamente; pero durante a nosa conversa, non puiden evitar lembrarme da Ilíada e, por extensión, da película Troya. Nela, tras vencer a Héctor, Aquiles lévase con el o cadáver, arrastrándoo ata o seu campamento, e negándolle así aos troianos a posibilidade de que o vencido puidera ser honrado cuns funerais apropiados. A guerra é tan cruel, que non basta con vencer. Tamén hai que humillar...


E entón, aparece Príamo. O pai do vencido, impotente ante esta humillación, roto pola dor, e sen importarlle xa o perigo, acode pola noite ao campamento do asasino de seu fillo. Faino para axeonllarse ante el e implorarlle que lle devolva o corpo, con lamentos que incluso ti, eu, o presidente Obama, ou o bravo Aquiles nunca poderíamos deixar de escoitar:

Déjame que lave su cadáver,
déjame que rece las plegarias,
déjame que coloque dos monedas sobre sus ojos para el barquero...

Recibe os contidos no teu correo

2 comentarios

  1. Andrea Ledo13/5/11

    Miguel ! Encántame o blog, é moi orixinal, e tratas temas moi moi interesantes.
    Este de tema de Bin Laden, do cal como ben dis conversamos, paréceme moi acertado que o relaciones co que pasou co troiano Paris, pois sí nese caso o inimigo mostrou respeto, entregándolle o cadáver ao pai do morto, mentres que EE.UU non mostrou respeto ningún, pois aínda que fose o seu inimigo tiña dereito a un xuízo xusto ou no caso de morte, polo menos a que a familia recibise o corpo. Pero o de arroxar o cadáver ao mar foi un mero símbolo dos EE.UU para borrar da face da terra para sempre ao seu maior inimigo. Creo que debería un país como é EE.UU estar por encima de eso, e respetar que polo menos, o inimigo, sexa enterrado decentemente.
    Sigue así con este blog, que me gusta moito!
    Unha aperta!

    ResponderEliminar
  2. Grazas polas túas palabras, Andrea. Con vós, facer isto é moito máis fácil. Seguro que das conversas que temos por diante xorden moitísimas máis entradas (algunha sobre o nazismo... non?).

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK