"Non estudes iso: esa carreira non ten saída...". Escoiteino moito cando andaba coa selectividade a voltas... Xa vedes que non fixen moito caso. Agora tócavos a vós elixir, e creo que é bo momento para compartir este vídeo.
Clic en Ana para entendelo:
Ana Pastor é unha periodista de 33 anos, coma min. Estudou unha carreira mal pagada, e moi mal vista en España debido a certos formatos rosa que nada teñen que ver co periodismo. Deulle igual. Tras formarse e traballar en prensa, radio e televisión, presenta "Los desayunos de TVE". É unha periodista intelixente, lúcida, combativa e valente. Moi valente. Entregada ao seu traballo. E iso é algo que só é posible cando un fai o que lle entusiasma. Imposible doutro xeito.
Estudade o que vos guste, para poder traballar no que vos gusta.
A partir de aí, o demais virá. Seguro.
Ou como se di na peli Cinema Paradiso: "fagas o que fagas, ámao"
A partir de aí, o demais virá. Seguro.
Ou como se di na peli Cinema Paradiso: "fagas o que fagas, ámao"
Miguel! Non sei se viches Buenafuente onte, saía un rapaz con algunha especie de enfermidade dexenerativa nunha carreira de rodas... para min unha verdadeira lección... por como enfronta todo... non consigo acordarme do nome, era Albert algo.. ou algo así! Agradeceríache que mo deixases por aquí se sabes do que che falo...GRACIASSS!
ResponderEliminarNon o vin, Malva! Pero agradézoche un montón o que me dis. Era Albert Casals, e agora que o vin coincido contigo: paréceme unha pasada. A entrevista está enteiriña aquí:
ResponderEliminarhttp://www.lasexta.com/sextatv/buenafuente/entrevista_completa_a_albert_casals___tu_llevas_gafas__yo_llevo_silla/236573/191
De todos modos, vou tentar colgalo nunha entrada dentro do blog.
Bueno... non sei se convén dicir que ''Malva'' e Alba R. son a mesma persoa...jaja
ResponderEliminarGracias por buscalo!
Xa imaxinas que a min non me facía falta! Pero ao asinar así, decidín manter ese inconfundible alcume.
ResponderEliminarGracias a ti, por falarme del! Espero que aquí poidamos compartir outros moitos.
oh...''inconfundibilísimo''...jeje
ResponderEliminaré que me pareceu raro que o puxeses así,pero entón xa está!
Iso espero eu tamén!