Mirade que boa noticia. Cans que un día foron maltratados axudan a enfermos de alzheimer nunha residencia de anciáns. Vendo o vídeo, comprenderedes o título; pero non vos resultará fácil decidir a quen dos dous lle presta máis e mellor este tempo xuntos... Se ao can, ou á persoa. Hai amizades que deberan durar mil vidas.
Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca! Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis . Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca! Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel. Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix
A verdade,emocióname ver este vídeo.Tan necesitados uns dos outros e dándose tanto a cambio de nada.Hai que coidar e querer moito aos nosos avós,a nosa xente maior,aos nosos animais,a todos os animais.Algún día,quizais nós,necesitemos de todo ese agarimo que desprenden uns e outros.Preciosa reportaxe.SM
ResponderEliminarQuizá eses velliños quixeran outra. Pero estou seguro de que nunca atoparían mellor compaña e fidelidade que a dese animal fermoso, noble e leal.
ResponderEliminarGustoume moito cando a un dos cans puxéronlle a gravata, ao outro a pañoleta e o nó.
ResponderEliminar