Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca! Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis . Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca! Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel. Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix
xeada...descolocada...coa mirada perdida...cunha bágoa apiques de caer...así me deixou o corto. Aínda non entendo porqué sempre é a xente de a pé, a xente traballadora, cunha familia, xente que lle da igual a política e que o único que quere é vivir e deixar vivir, ten que pagar as consecuencias de algo que non buscou coa súa propia vida, sen oportunidade de defenderse e loitar por ela. E ninguén fai nada por evitalo. Cousas coma esta son as que me poñen de mal humor. Pero si, gustoume o corto, si. Agora era preciso que fixesen un sobre cómo vive a guerra un político, un alto cargo do exército implicado nela ou simplemente un soldado que ten a vida dun inocente indefenso nas súas mans. Creo que son interesantes todos os puntos de vista dun acontecemento.
ResponderEliminarEntendo esas sensacións, ELF.
ResponderEliminarPero non sei responder. Ás veces, parece unha cuestión de poder: eles teñen o PODER e PODEN elixir. Outras, parece cuestión de distancia: como eles non ven, eles non senten. E en ocasións, penso que o mundo é así: un enorme taboleiro de xadrez no que outros pretenden controlar a partida.
Sobre eses outros cortos, quizá DeD poidan suxerirnos algúns títulos...
Profe, deberías por este corto na clase porque a verdade é que quedeime abraiada ante isto.
ResponderEliminarPois anotado queda, Rebeca! Próximo día, na túa clase, veremos e pensaremos "La guerra". Grazas por lembrarmo, por pedirmo e, por suposto, por chegar ata aquí. ;)
Eliminar