Mar (Xouba) e Marta (Bogart), son as flamantes gañadoras deste IX Concurso, do que se levan de premio, como non, dúas entradas cada unha para ir ao cine con quen lles apeteza, a ver o que queiran, cando lles pete. En butaca e con pantalla enorme.
A idea era ver Cine e Historia todo nun. Bastaba con escoller unha peli dunha ampla listaxe de filmes da Historia de España, vela e, unha vez rematada, atreverse a escribir sobre ela unha crítica con alma. Un texto breve pero impactante, que fixese cóxegas, que retumbase no peito ou que espertase algo ao lelo. Como a delas:
A LINGUA DAS BOLBORETAS, por Xouba
A lingua das bolboretas, a espiritrompa, é longa. Longa, coma o primeiro día de clases cando tes dez anos e moitísimo medo a non encaixar co resto de compañeiros. Longa, coma as noites nas que non podes durmir porque o mundo ao teu arredor muda, e ti non eres quen de comprendelo aínda. Longa, coma a viaxe que Moncho, o protagonista desta película, fará. "A lingua das bolboretas" destaca pola súa capacidade para explicar unha situación tan complexa política e socialmente coma o foi a Segunda República e a Guerra Civil en Galicia dende os ollos dun neno. Por amosar a maxia no máis pequeno, nas saídas de clase ao campo e en roubarlle ás mazás ao veciño. Por lograr que o espectador esqueza por un momento todo o que coñece de historia e lle preste os seus ollos a Moncho, descubrindo o innecesariamente complicado mundo dos maiores xunta el. Pero, sobre todo, destaca por brindarlle á verba "espiritrompa" un novo significado, un que coido non aparece na RAG, mais quedará gravado na memoria de todo quen vexa este filme.
MAIXABEL, por Bogart
¿En que pensamos cuando escuchamos palabras como justicia, libertad o atrocidad? Maixabel por un momento me ha transladado a aquellas clases de catequesis con Don agustín, sobre el perdón y la
redención, conceptos demasiado complejos para la mente de una niña de 8 años. Y es que, ¿hasta que punto el ser humano sigue siéndolo? ¿cual es el horizonte que delimita y separa los actos de un mortal y los de una deidad? E.T.A jugó las cartas de un auténtico dios eligiendo quien podía vivir y quien no en función de sus propios criterios. Lo contrario de Maixabel que ha jugado la cara contraria de la misma moneda, la de una divinidad, comprendiendo lo incomprensible, para así poder perdonar lo imperdonable.
Outras seis críticas fixeron sorrir ao xurado e lle complicaron a vida á hora de decidir a quen lle ían dar os points de rigor. Un xurado, por certo, do máis riquiño, formado polos tres últimos gañadores deste concurso (Gabi, Lois e Javi), a profesora e escritora Iria Misa, a locutora de radio especialista en cine Paula Alonso e eu mesmo. Cada un de nós podía dar soamente un, dous e catro puntos. E tras unhas votacións máis estresantes que o televoto de Eurovisión, os resultados foron estes:
Pero en verdade gañamos todos. A sala de cine, porque gañou novo público; o alumnado, porque descubriu un feixe de pelis para achegarse a esa Historia que coñecemos xuntos este ano; a Historia, porque logrou colarse disfrazada de peli na vida de mozos de 17 e 18 anos; o xurado porque nos sentimos de novo preto durante un rato; e eu porque este concurso me permite cociñar algo diferente con tres ingredientes que adoro: a historia, o cine e ti.
E agora que o curso remata... que peli vas ver, si ou si, este verán?
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas por comentar!