Houbo aplausos como non lembraba para as flamantes gañadoras (maioría de rapazas) do 7º Concurso CineHistoria!
Sandra, Fatima, Lía e Moncho, por esta orde, foron as campionas do 7º Concurso de minicríticas CineHistoria. Este ano o tribunal estaba formado por seis persoas, que leron as críticas individualmente para poder escoller cada un as súas 3 minicríticas favoritas. Este é o cadro de votacións, tal e como quedou. Cada 1º posto equivalía a 3 puntos, 2º a 2 puntos, e un 3º posto equivalía a 1 punto. Ao sumar todos, o resultado foi o que vedes. Á esquerda, as críticas que obtiveron votos; e enriba, o nome dos membros do tribunal: unha economista e xornalista (Paula), unha profesora e escritora (Iria), os tres alumnos gañadores do ano pasado (Paulo, Noé e David Fletcher... só faltaba Carlos) e un tal Miguel que debo ser eu.
Non sei que sentiredes dentro duns anos, cando, por curiosidade ou aburrimento, volvades atoparvos con esta publicación ou con algunha destas fotos. Pero sabedes que lembrarei eu? Recordarei a estraña sensación de vervos chegar un venres ás 8.45 da mañá (nada menos) e entrar pola porta sorrintes e expectantes; revivirei ese punto de tensión que flotaba no ambiente; as ganas irrefreables de bater palmas e rachar gorxas a cada gañador que se ía coñecendo; a emoción que asomaba en vós cando era o voso nome o que podía estar a punto de saír; a entrega de premios; as fotos finais; o agridoce sabor a última clase; e, no fondo, abríndose paso como unha luz imparable, o inconfundible olor a verán. Todo isto lembrarei. E cando o faga, aí estaredes vós; cada un de vós. Agora que (xa o sabedes), Somos Historia.
Grazas por seguirme, por unirvos e por axudarme en todo aquilo que vos propuxen.
Merecedes todo un verán. Que o teñades, amig@s.
Vémonos pronto.
Déixovos, como non, coas catro críticas gañadoras.
Que vos gusten tanto como a nós:
1º PREMIO * SANDRA
Déixovos, como non, coas catro críticas gañadoras.
Que vos gusten tanto como a nós:
1º PREMIO * SANDRA
V DE VENDETA, por System Error
Imagínate que un día tu conciencia alcanza otro nivel. Imagínate que te vanaglorias de tus propias limitaciones. Imagínate que ya no tienes miedo. Si has llegado hasta aquí y cumples con estos requisitos te advierto de que te acabas de convertir en un objetivo mortal para el poder. Eres uno de “esos”, eres un antisistema reflejado en V de Vendeta. Nos aferramos al Estado como si fuera un continente para respirar pero éste nos asfixia. Mira esta película y entenderás por qué se ha convertido en todo un icono de una palabra tan necesaria y significativa como lo es REVOLUCIÓN. Y dime, ¿qué hacer para alcanzar la libertad? Este 5 de Noviembre llega la hora de la verdad. ¿Recuperará la humanidad su humanidad? Es hora de cambiar el sistema, que la historia no se construye, la construímos nosotr@s.
2º PREMIO * FATIMA
PERFECT SENSE, por Zohuur
Queres experimentar unha historia en terceira persoa? Ten en conta que vivir é un gran reto, pero cun virus que ninguén logra recoñecer, quizais non poidas superalo. Os dous protagonistas son pouquiño a pouco privados dos seus sentidos, sen os cales nunca viviran. Agora os sentidos son os mellores recordos que poden ter, pero o reto non é este, senón vivir en compañía sentíndoa sen ter sentido para sentir. Pero a vida continúa, simplemente así, aprendendo a sentir.
3º PREMIO * LÍA
RELATOS SALVAJES, por Park
A humanidade levada ao extremo. Unha serie de relatos que reflicten de forma impactante ese lado cruel que temos as persoas. Asasinatos por vinganza, celos psicópatas, inxustizas sociais, traumas infantís... Por outra banda, hai determinadas partes da película que amosan un pequeno raio de bondade. Unha obra que fai pensar e reflexionar sobre nós mesmos. De verdade a ira pode con nós? Somos tan manipulábeis? Pero a pregunta máis importante é... Ata onde poderiamos chegar?
4º PREMIO * MONCHO
AMERICAN HISTORY X, por Eustaquio Habichuela
Brancos actuando coma brancos, negros actuando como negros, pero todos persoas que actúan como animais. Un filme impactante cuxo final entra como un tiro nos miolos.
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas por comentar!