Saltar ao contido principal

Como ser un profesor 10? A resposta, Merlí

Hoxe é o Día Mundial dos Docentes e seguro que ti tamén te acordas dun par deles. Ollo, dixen que te lembres deles, non da súa familia... Estou seguro que todos tivemos ao longo da nosa vida, dous, tres ou (con sorte) catro profesoras ou profesores que nos converteron, sen eles sabelo, en algo mellor do que eramos antes de estar na súa clase. Son ese tipo de profe que, cando vos xuntades con amigos e empezades a falar da vida no instituto, todos coincidides en dicir que era un profesor como a copa dun pinopor como ensinaba, porque sabía tender trampas para levar ao alumnado ao seu terreo, porque facía preguntas, porque escoitaba as respostas, porque explicaba ben, porque o relacionaba todo co mundo do alumno, porque o roía a paixón, porque era xusto, porque se preocupaba, porque se involucraba, porque se curraba as clases, porque recollía ao grupo enteiro sen deixar que se lle caera nin un alumno, porque ensinaba a pensar, por como miraba, porque debecía por sorprendernos...  Lográrono, porque eran uns profesorazos... Non hai nada mellor que ter un diante para recoñecelo. Como Merlí.

E non se me ocorre un día mellor que hoxe (e xa tiña ganas), para falarvos del. Merlí é unha serie de televisión (agora mesmo en Netflix): 40 episodios repartidos en 3 temporadas, que en realidade se corresponden con dous cursos completos de instituto. Os que Merlí Bergeron, profesor de Filosofía, pasará cos seus alumnos de Bacharelato, ensinándolles, desde as súas clases, a facerse preguntas, a reflexionar, a aprender a pensar e a cruzar continuamente a filosofía cos seus problemas do día a día: estudos, familia, amizade, sexualidade, amor, drogas... De feito, cada capítulo, leva o título dun filósofo ou corrente de pensamento da filosofía.

Merlí é un profesorazo porque non ten medo a ser el mesmo; porque non teme estar na mesma clase que o seu propio fillo e os seus amigos (e un fillo é o alumno máis difícil que podes ter); porque prefire a distancia cos profesores antes que a distancia co alumnado; porque quere coñecer aos seus alumnos; porque sabe innovar sen necesidade de pantallas; porque atrévese a ser libre de facer o que lle peta na clase se considera que iso servirá para que o seu alumnado aprenda... Merlí é un profesorazo, sinxelamente, porque é hábil, ousado e auténtico. Por eso os seus alumnos se empalman coas súas clases.


Pero coidado. Non creades que Merlí é perfecto. Merlí é humano, e como todo humano, ten aristas, dobreces, manías e pode chegar a ser moi irritante, ou directamente un cabronazo para os demais. Tamén el, como os seus alumnos, ten os seus propios problemas e, moitas veces, o problema está en el mesmo. Por iso as súas relacións co resto de profesores, co seu fillo, coas familias, coas mulleres... está chea de tensións e de desencontros. E iso gústame, porque o fai máis humano e verosímil... A pesar delo, os alumnos sempre verán nel unha persoa á que recorrer, un profesor diferente aos demais.





Se aínda non vos convencín para ver esta serie, é que teño que deixarme de discursos e poñervos directamente unha secuencia. Podería escoller mil, pero unha das miñas favoritas está no primeiro capítulo, na primeira clase, neses primeiros minutos nos que os profesores nos expoñemos por vez primeira ante os alumnos e nos xogamos todo. Aquí está. Este é Merlí:


Se sodes alumnos, e todos o fosteis, encantaravos Merlí.
Se sodes profesores, ou queredes selo, necesitades Merlí.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

III Concurso CineHistoria

Como cada curso, e xa van tres, en 1º de Bacharelato empregamos a Historia como unha escusa para ver cine... Ou será que usamos o cine como escusa para ver a Historia? O funcionamento é sinxelo. Entrego unha lista de películas por época histórica, concedo un prazo amplo para ver unha delas e despois realizamos un concurso de críticas onde cada un busca unha forma orixinal e breve de falar da peli que elixiu... Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o  III CONCURSO CINE HISTORIA  de 1º Bacharelato! 49 películas na lista. 41 candidatos que escribiron a súa minicrítica (8 liñas). 3 pelis de premio (as da imaxe) para as 3 mellores! A partir desta tarde podedes lelas todas, nos Comentarios  desta entrada. Este Xoves 4 , na clase e no blog:  Gañadores, Premio e Foto! Sorte a todos!