Saltar ao contido principal

Gañadores do 6º Concurso CineHistoria!

Habemus gañadores!



A imaxe é interactiva. Así que facede Clic neles para saber quen son e cal era a súa crítica.
A peli coa que posan é a que cada un dos gañadores escolleu como premio.
Espero que vos gusten e as disfrutedes!

Festival o que vivimos onte, coa entrega de premios ás mellores críticas. Este ano fomos sete as persoas que intervimos no tribunal, sinalando cada un de nós, por separado, o seu trío de críticas predilecto. Mil millóns de grazas a todas (eu era o único home do tribunal) por axudarme con tanta ilusión nunha tarefa tan delicada e emocionante como decantar esas críticas que tiñan un algo especial. Cada primeiro posto daba lugar a 3 puntos; un segundo posto a 2 puntos; e un terceiro posto a 1. Feitas todas as votacións, procedemos ao reconto, que quedou así:

Como vedes, 12 críticas lograron estar entre as escollidas por algún dos que integrabamos o tribunal do concuro. O empate a puntos no terceiro posto é o que explica que nesta edición tivéramos 4 gañadores, en vez dos 3 que viñan sendo habitualmente. Con todos reunidos nunha mesma clase, procedemos a ir revelando o nome dos gañadores, desde o chanzo inferior do podio ao máis alto... deixando así a tensión para o final. O feito de empezar dicindo o título da peli, en vez de o pseudónimo, engadía sal á espera... tiñades que ver qué caras!

A cerimonia rematou, por suposto, coa entrega do merecido premio, unha película orixinal a escoller entre seis. Paulo, como vencedor do certame, empezou escollendo; e así sucesivamente. Xa vedes na foto con cal se quedou cada un... as dúas sobrantes, "La tumba de las luciérnagas" e "The Bourne Identity", que pasan a engrosar a miña colección! ;) Ou deixarémolas para a edición do ano que vén...? Vémonos! Na clase ou en Caronte!

Noraboa a Paulo, Carlos, David e Noé!
E moitísimas grazas a todas e todos por ser cómplices
e unirvos con ilusión ao concurso!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

III Concurso CineHistoria

Como cada curso, e xa van tres, en 1º de Bacharelato empregamos a Historia como unha escusa para ver cine... Ou será que usamos o cine como escusa para ver a Historia? O funcionamento é sinxelo. Entrego unha lista de películas por época histórica, concedo un prazo amplo para ver unha delas e despois realizamos un concurso de críticas onde cada un busca unha forma orixinal e breve de falar da peli que elixiu... Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o  III CONCURSO CINE HISTORIA  de 1º Bacharelato! 49 películas na lista. 41 candidatos que escribiron a súa minicrítica (8 liñas). 3 pelis de premio (as da imaxe) para as 3 mellores! A partir desta tarde podedes lelas todas, nos Comentarios  desta entrada. Este Xoves 4 , na clase e no blog:  Gañadores, Premio e Foto! Sorte a todos!