Saltar ao contido principal

Gañadores do V Concurso CineHistoria

Xa temos gañadores!
Ana, Lucía e Jorge... felices gañadores, por esta orde, do V Concurso CineHistoria


É unha gozada poder premiar, por cativo que o premio sexa, a ilusión, a creatividade, o talento ou esforzo dun alumno. Durante estes días, souben que algúns levades anos esperando a chegar a 1ºBac para vivir o concurso... incluso me dixestes que debería facelo tamén no resto de niveis. E non sei, quizais teñades razón... Porque aínda que as pelis valen un diñeiro que poño (con gusto) do meu peto, confésovos que este concurso dame todos os anos algo que me importa moito, e que non se pode pagar: alegría. Unha alegría que é fácil de comprender cando ves as caras dos gañadores... ou as das case 50 persoas que estabamos na clase, cando íamos a comunicar o fallo. 
Lamentablemente, só podía escoller tres. E estas foron as elixidas! Tres críticas que nos empurran (na crítica de Ana) a poñer ás mulleres no lugar da Historia que lles pertence; ou (na de Lucía) a valorar e explotar cada un dos sentidos que temos... antes de perdelos; ou (na de Jorge) a pensar dun xeito deliciosamente disparatado o modo en que a vida, e o cine, poden chegar a agobiarnos.
1ª Mellor Crítica 
"Las 13 rosas",
por Amapola (Ana Rodríguez)

"Supongamos que todo español de una edad considerable ha visto y oído películas sobre la Guerra Civil Española, sobre aquellos a los que llamamos rojos, a los considerados falangistas. Pero… tanto adjetivo masculino, ¿no nos estamos olvidando de algo? Siii, las mujeres. Nos hemos olvidado de que ellas también lucharon y fueron castigadas injustamente, y eso precisamente es lo que refleja a la perfección y de forma muy emotiva (demasiado en ocasiones, se recomienda tener pañuelos) la película protagonista de esta crítica. Se presentan la falta de libertad, las tensiones, las injusticias… propias de una guerra, y sobre todo que las mujeres también hemos participado y contribuido a la libertad actual."
2ª Mellor Crítica
"Perfect Sense",
por Aquella chica (Lucía González)
"Me pongo nerviosa con tan sólo recordar la peli. Es diferente a las demás. Inesperada. Hizo que pudiera sentir la ausencia de cada sentido poco a poco. Que me permitiera apreciar aquellas sensaciones que nunca hemos llegado a valorar, como puede ser escuchar tu canción favorita. Esta película consiguió transmitirlo a través de una historia de amor, con una gran banda sonora y un final que provoca la caída de lágrimas sin saber que pasará, y quedando con la duda de si un día puede llegar a haber esa epidemia."
3ª Mellor Crítica
"United 93",
por Suso Puso (Jorge Sousa)
"Como imaxinar unha comida familiar sen cuñados? Esa é a cuestión española máis importante na actualidade. Pero neste mundo monopolizado polos Estados Unidos, habería que preguntarse cal é a cuestión máis importante na actualidade americana. Pois… ao estar nun mundo “globalizado”, as dúas cuestións teñen que ver, unha conversa entre cuñados é igual que unha película americana cun problema de estado. Agobiante!"

Parabéns Ana, Lucía e Jorge!
E moitísimass grazas a todos por ser cómplices
e unirvos con ilusión ao concurso!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

III Concurso CineHistoria

Como cada curso, e xa van tres, en 1º de Bacharelato empregamos a Historia como unha escusa para ver cine... Ou será que usamos o cine como escusa para ver a Historia? O funcionamento é sinxelo. Entrego unha lista de películas por época histórica, concedo un prazo amplo para ver unha delas e despois realizamos un concurso de críticas onde cada un busca unha forma orixinal e breve de falar da peli que elixiu... Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o  III CONCURSO CINE HISTORIA  de 1º Bacharelato! 49 películas na lista. 41 candidatos que escribiron a súa minicrítica (8 liñas). 3 pelis de premio (as da imaxe) para as 3 mellores! A partir desta tarde podedes lelas todas, nos Comentarios  desta entrada. Este Xoves 4 , na clase e no blog:  Gañadores, Premio e Foto! Sorte a todos!