Saltar ao contido principal

Gañadores do III Concurso CineHistoria

Xa temos gañadores!


Oxalá puidera regalar máis pelis... Porque, ademais das gañadoras, había outras críticas que tamén tiñan algo especial. Por exemplo as dos pseudónimos Marx, Erre, Royal Comandos, G1H2P3 ou o ousado texto de Nohaypanparatantochorizo... Tanto é así que precisei de varias eliminatorias, repescas e xurados para asegurarme de que elixía con xeito e non me deixaba guiar por unha única impresión. En todo caso, ao final non quedaba outra que elixir. E as seleccionadas foron estas! Tres críticas que arrecenden a sentidos, saben a soños e sonan a sinfonías.

1ª Mellor Crítica
"PERFECT SENSE",
por Mulculu (Laura Martínez)

Existe un sentido perfecto? Cal dos cinco sentidos desexarías non perder xamais? Sentir é un verbo difícil de definir, pois podemos sentir o que cheiramos, degustamos, vemos, oímos e tocamos, pero tamén podemos sentir amor, odio, pena, empatía... Este é o argumento fundamental do filme, disfrazado de historia de amor, no que o sensorial predomina sobre o racional, mostrando a forza do amor entre as apocalípticas traxedias. A pesar de que dende lonxe pareza ser unha historia pesimista, fai balance entre aquelas cousas que cremos necesitar e aquelas outras que realmente necesitamos para sobrevivir. E se un día comezamos a perder os cinco sentidos?

2ª Mellor Crítica
"REQUIEM FOR A DREAM",
por Miguel Abraira (Abraham del Río)

Película do 2000 que, influenciada por "Trainspotting", de 1996, mostra un dos camiños a percorrer para alcanzar o soño americano da fama e da riqueza, e non, como moito público cre, a dureza das drogas. Estas só debuxan a porta para chegar ao mundo desexado, que se pecha unha e outra vez e ningún dos personaxes consegue pasar. O mellor? A famosa banda sonora, o formidable reparto e o agobiante final.

3ª Mellor Crítica
"EL PIANISTA",
por El Calvo de Brazzers (Isaac Casal)

Una obra maestra de Polanski, una película delicada, que conjunta de forma elegante con las notas y acordes del pianista, dando resultado a una película dura de ver. La historia de un hombre que lucha contra su propio destino en una Polonia ocupada por los nazis, donde se puede observar la unión de un pueblo o incluso de una familia, que durante horas te hará pensar en hasta dónde puede llegar la brutalidad del ser humano; pese a que siempre retumba la esperanza, en unos personajes más humanos que nunca. No es una historia de nazis cualquiera, es una perfecta sinfonía. Siéntense a escuchar y sentir al pianista.

Parabéns a Laura, Abraham e Isaac.
E moitas grazas a todos, por sumarvos ao xogo de compartir pelis, historias e ilusións.

Disfrutade do cine! 
Sempre hai unha boa película por descubrir.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

III Concurso CineHistoria

Como cada curso, e xa van tres, en 1º de Bacharelato empregamos a Historia como unha escusa para ver cine... Ou será que usamos o cine como escusa para ver a Historia? O funcionamento é sinxelo. Entrego unha lista de películas por época histórica, concedo un prazo amplo para ver unha delas e despois realizamos un concurso de críticas onde cada un busca unha forma orixinal e breve de falar da peli que elixiu... Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o  III CONCURSO CINE HISTORIA  de 1º Bacharelato! 49 películas na lista. 41 candidatos que escribiron a súa minicrítica (8 liñas). 3 pelis de premio (as da imaxe) para as 3 mellores! A partir desta tarde podedes lelas todas, nos Comentarios  desta entrada. Este Xoves 4 , na clase e no blog:  Gañadores, Premio e Foto! Sorte a todos!