Tal e como digo moito na clase, para estudar tamén hai que poñerse un pouco friki. Ou sexa, que hai que poñer paixón, ese ingrediente que nos fai destacar naquelo que facemos. Como Messi ao fútbol ou Arguiñano á cociña. E Lara comprendeuno perfecto cando se puxo a estudar o tema de Historia deste mes. Por iso, mentres nos amosaba o impresionante resultado, ela non podía deixar de sorrir ao darse conta de que dera coa clave; e eu non puiden evitar alegrarme moito por ela... e logo pedirlle poder compartir aquí o produto desas horas de estudo de calidade. Así que moitas grazas Lara! Polo exemplo do teu traballo e polo sorriso desa mañá.
Agora que se achegan os finais de curso e toca dar un arreón, quizais é bo momento para lembrar que o éxito é algo que depende só de ti, e que vén a ser algo así como unha cadeira de catro patas. Se unha das patas falla, o risco de caer medra; pero se te preocupas por coidar as catro, o éxito está garantizado.
A primeira pata
É o teu estado de ánimo: así que descansa, cóidate, busca a calma
e destina toda a túa enerxía para lograr os teus propósitos.
A segunda pata
Chámase paixón. Motívate, ilusiónate e visualiza como te sentirás cando consigas esa meta, porque se non pós paixón ao que fagas na vida, xa te podes olvidar do éxito. Así que pon entusiasmo e busca a maneira de sentirte ben mentres fas o que tes que facer. En definitiva, ponte en plan friki, porque se non te divirtes, adeus ao éxito.
A terceira pata
Técnica. Olvídate de chapar; fai esquemas e resumes, estuda dun xeito activo, colle papel e boli, debuxa, traza, usa cores. elabora os teus propios apuntes a partir dos que o profesor che dá. E cando te poñas a estudalos, lembra que estudar non é máis que comprender e saber explicar. Non vomites. A todos nos gusta que nos saiban contar unha historia... de Historia.
E finalmente, a cuarta pata
Constancia. Si, amigos. As grandes metas non se logran nun día, senón en moitos. Para todo hai un tempo e un lugar axeitados, e para lograr o teu obxectivo de superar o curso tamén os vas necesitar. O tempo é agora, e o lugar aquel que máis che axude a evitar distraccións e a centrarte en lograr a túa meta. Que ao final, sempre oculta o mesmo desexo. ofrecer a mellor versión posible de ti mesmo.
Que importante è saber estudar!! E tanto ou máis è que che ensinen a facelo, se a esto lle sumamos que te motiven, apoien, ilusionen coma fas ti Miguel...esto xa è moi grande!!! Ánimo a todos!! Estudar pode parecer, ás veces, un rollo, pero se sabes como.. A cousa cambia!! E que importante è!! Que apuntes tan bos e chulos os de Lara!! Ó igual que esta entrada Miguel!! Noraboa ós dous!
ResponderEliminarQue razón tes sempre! É importantísimo que as catro patas funcionen por igual, porque cando unha falla, comezamos a balancearnos e as cousas non sempre rematan ben. Dende logo, a constancia, o estado de ánimo, a técnica e a paixón son as bases do éxito, e cando unha destas falla, non é doado solucionalo. Dende logo teus alumnos teñen moita sorte de terte como profesor e de que amenices as súas clases e o seu curso, como fixeches con nós o año pasado. As túas publicacións sempre tan oportunas!
ResponderEliminarAlégrome non sabedes canto de que sigades atopando interesantes as cousas que publico e que tratamos en Caronte. Nas clases fálase pouco disto, pero a realidade é que son os cimentos necesarios para poder lograr os obxectivos que nos propoñemos. E as casas non se poden comezar por outro sitio que polos cimentos. Sen plan, sen termos asimilado estas catro patas, todas as metas parecen estar máis lonxe e nos resultarán máis inalcanzables. Por iso temos que telo tan claro. Porque a nosa vida vai a depender en gran medida de que o saibamos e de que as coidemos... as patas.
ResponderEliminarMoitísimas grazas polas palabras de cariño. En próximas entradas entenderedes que, aínda que creo que algunhas cousas as fago ben, sinto desde hai moitos meses que se pode facer mellor pola miña parte, que é necesario un cambio no sistema. E non falo de leis educativas, senón de métodos de traballo, de formas de aprender e de avaliar, e ata do necesario que me parece emprender un cambio radical nos lugares e nos tempos que compartimos nos institutos. Por iso valoro tanto que, dubidando como dubido do que é mellorable, me cheguen xestos de recoñecemento e cariño, especialmente dos meus alumnos. Porque mentres non emprenda a revolución que creo que hai que facer nas clases, seguirei sentíndome culpable. Estou rebelde, en fin, porque sinto a necesidade dun cambio. E non quero esperar a que o fagan os demais. Ao fin e ao cabo, a paixón era unha das patas a coidar, non? :)
Unha enorme e cariñosa aperta ás dúas!