Saltar ao contido principal

Sweatshop: o que hai detrás da túa roupa

Hai realities que serven para algo máis que para ofrecer morbo. Programas que logran entreter, pero que en realidade perseguen unha finalidade social e mesmo educativa. Aquí temos Hermano Mayor, e en Noruega acábase de emitir Sweatshop. Tres persoas moi novas e unidas pola súa paixón pola moda, son convidadas polo programa a viaxar ata un dos países nos que se fabrica a roupa que tanto lles gusta: Camboia. Obxectivo: vivir un mes coñecendo de preto as intolerables condicións de vida e de traballo nas que se fai a roupa que nos gastamos en Europa. O impacto foi brutal.

Clic na imaxe para ver o tráiler de Sweatshop

Sweatshop estivo colgado en español uns poucos días. Logo, desapareceu misteriosamente, sendo só posible atopalo en noruego, ou subtitulado en inglés. E grazas, porque as presións das grandes marcas de moda (esas que atopades nas rúas máis comerciais de calquera cidade do mundo) para que esto non se coñeza están sendo moi grandes. Incluso para Annika, unha das protagonistas do programa. Por iso é tan importante difundilo e coñecelo. Porque máis aló do impacto que logrou nos tres mozos, o realmente valioso é que as imaxes serven para amosar a crudeza dunha realidade que nos negamos a ver, e da que somos cegos cómplices. Serven para saber que hai realmente detrás da Fast Fashion que nos están metendo polas orellas para converternos en consumidores de usar e tirar. Serven, en fin, para coñecer a orixe de toda esa roupa fabricada a costa da saúde e da dignidade de miles de persoas. Persoas que o único que queren é traballar para poder vivir. Coma nós.

Clic na imaxe para acceder aos capítulos








En cinco capítulos Annika, Ludvig e Frida descubren nun mes unha realidade que os supera. Parécese a todo iso que din que sucede neses países asiáticos que son a fábrica do mundo. Pero unha cousa é velo na túa tablet, na comodidade dun sofá, e outra ben distinta é vivilo na túa pel. Erguerte pola noite para que te leven en camión ata a fábrica, pasar 12 horas enxaulado, cosendo ata que as xemas dos dedos perden a sensibilidade, saír cobrando o equivalente a 3 miserables dólares e irte a durmir a unha casa que equivale a un cuarto de baño, pero que non ten ducha, nin sillón, nin cama... senón só un exiguo espazo e un frío chan. 


Diredes que alí lles gusta comer e durmir no solo, e que nestes países o coste da vida é menor, e que seguro que con tres dólares se compran el oro y el moro. Pero tampouco, e o programa ocúpase de amosalo: o aluguer vale 30, a luz e a auga 20, e no supermercado, con eses 3 que se gañan nun día, non podes mercar nin un par de ingredientes para unha comida. Por suposto, adquirir unha das prendas de roupa que eles mesmos fabrican, é algo que queda a anos luz do seu alcance.


Nin o título é casual. Sweatshop e á palabra pexorativa para referirse a lugares de traballo con lamentables condicións laborais: longuísimas xornadas, salarios por debaixo do nivel de vida e ambientes e normas absolutamente indignas. Todo iso viron os tres noruegos e todos os espectadores do seu país. Ata que unha das protagonistas decidiu saltarse o contrato e empezar a mencionar as marcas de roupa implicadas nesta lamentable explotación. A enorme influencia que estas marcas teñen serviron para lograr silenciala, borrar do mapa as súas denuncias e, de paso, eliminar a intención da produtora de emitir este documental en español. Por iso temos que velo. Porque está na nosa man cambialo. Porque hai alternativas. Porque a arma máis mortífera destas marcas non é ningún secreto: eres ti. Ti, eu, nós e esa sucia venda coa que nos tapamos os ollos cando entramos nas súas tendas.

Comentarios

  1. Marey25/2/15

    E como se intenta solucionar todo cun "é ó que están acostumados aquí"!

    ResponderEliminar
  2. O que se intenta é solucionar o cargo de conciencia, que é molesto cando se ten. É o fácil, o cómodo. Pechar os ollos e os oídos, autoconvencerse de que non pasa nada, concluír que alí é así (mala sorte!), e que non pode ser tan malo porque polo menos teñen un traballo. Cando te dis a ti mesmo que non se pode facer nada, ese cargo de conciencia dilúese. "Non se pode", "bah, non me comas a cabeza, non me apetece pensalo", "deixádeme vivir (consumir) en paz"... Cando iso, que é o fácil e cómodo, sucede, xa podes ir de shopping, tarxeta en man, sen cargo de conciencia ningún, a ritmo de pumba-pumba, encantado de coñecerte a ti mesmo mentres aloumiñas o teu ego no espello dun probador. Por iso é tan necesario que nos poñan na pel dos demáis. Porque somos así. Xa o explicou Hobbes, hai máis de 300 anos: "o home é un lobo para o home".

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

III Concurso CineHistoria

Como cada curso, e xa van tres, en 1º de Bacharelato empregamos a Historia como unha escusa para ver cine... Ou será que usamos o cine como escusa para ver a Historia? O funcionamento é sinxelo. Entrego unha lista de películas por época histórica, concedo un prazo amplo para ver unha delas e despois realizamos un concurso de críticas onde cada un busca unha forma orixinal e breve de falar da peli que elixiu... Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o  III CONCURSO CINE HISTORIA  de 1º Bacharelato! 49 películas na lista. 41 candidatos que escribiron a súa minicrítica (8 liñas). 3 pelis de premio (as da imaxe) para as 3 mellores! A partir desta tarde podedes lelas todas, nos Comentarios  desta entrada. Este Xoves 4 , na clase e no blog:  Gañadores, Premio e Foto! Sorte a todos!