Saltar ao contido principal

Náufrago, Wilson e a soidade

Falando en clase de Churchill, de nome Winston, acordámonos de Wilson. A cultura évos como unha oca!

E de Wilson, en cero coma tres, pasamos a Náufrago. Unha desas pelis que van quedando atrás cos anos, inxustamente sepultada entre o cine comercial, pero que en realidade agocha un saco de virtudes. E de todas elas, quizais a maior é a de como nos demostra que somos un ser social. Nela, Tom Hanks interpreta a alguén para quen a vida é traballo, traballo e traballo. Ata que un día, un accidente da avioneta na que viaxaba o cambia todo. "Volverei enseguida", dixéralle á súa parella antes de partir... "Volverei enseguida".

Náufrago non é só unha historia de supervivencia nunha natureza hostil. O principal obstáculo é algo co que ninguén conta: o sentirse na máis absoluta das soidades. É por iso que acaba nacendo Wilson, unha pelota que o náufrago vai convertendo en confidente, en familia, en incrible recurso de urxencia para poder combater ese medo terrible que aparece cando sabes que estás só. É por iso tamén (xa o veredes) que nesta peli non hai música, nin diálogos, nin ruído, nin outra cousa que non sexa o que ti oirías se realmente estiveses alí: só o zoar do vento, o incesante golpeo das ondas, o silencio máis absoluto e aterrador. Só o silencio... e Tom Hanks.

Xa tedes peli! Xa contaredes...

Comentarios

  1. A min paréceme moi boa esta película! Que importante é Wilson nesta historia. Tom Hanks fai unha interpretación xenial. Merecedora dun maior recoñecemento.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Aquel ano déronlle o Oscar a Mellor Actor a Russel Crowe por "Gladiator". Pero, sen desmerecer a este último, quen vexa Náufrago, entenderá que se non lle deron este premio a Tom Hanks pola súa interpretación, a única razón posible é que xa lle deron dous antes. O que demostra que os Oscar non premian aos mellores, nin moito menos. Afortunadamente, aí segue o seu marabilloso traballo, esperando a ser visto unha e outra vez. Loitando contra os elementos e a soidade.

      Eliminar
  2. “Los dos echamos cuentas. Kelly llegó a una conclusión, supongo que tenía que olvidarme. Y yo también… que la había perdido, porque nunca podría salir de aquella isla. Moriría allí totalmente solo. Me pondría enfermo, me haría daño con cualquier cosa.
    Lo único que podía elegir, lo único que podía controlar era el cómo, el cuándo y dónde iba a pasar, así que fabriqué una cuerda y subí hasta aquella cima para ahorcarme… pero tenía que probarlo, claro, ya me conoces, y el peso del tronco rompió la rama del árbol.
    Así que ni siquiera pude matarme como deseaba. No tenía poder sobre nada.
    Fue entonces cuando una sensación me envolvió como una cálida manta. De algún modo entendí que tenía que sobrevivir, como fuera; tenía que seguir respirando, aún sin motivo para la esperanza, porque la lógica me decía que no volvería a ver este lugar de nuevo.
    Y eso es lo que hice: sobreviví, seguí respirando… y un día esa lógica resultó estar equivocada, porque la marea trajo una vela con que navegar.
    Y aquí estoy, de vuelta, en Memphis, hablando contigo… tengo hielo en mi vaso, y he vuelto a perderla otra vez.
    Estoy muy triste por no tener a Kelly, pero me alegro de que estuviera conmigo en aquella isla.
    Y ahora sé lo que debo hacer: seguir respirando, porque mañana volverá a amanecer, y quien sabe que traerá la marea.”

    En 2002, o American Film Institute dáballe a Tom Hanks o “30th Life Achievement Award”, algo así como o “Premio a toda unha carreira”. O fallo dicía: “A través dos seus papeles, Hanks personifica a dor da soidade, o home corrente lidiando coa dor física e emocional”. Anos máis tarde, nunha entrevista que tiven a oportunidade de ver, preguntábanlle por iso, se se sentía identificado, ao que el respondía:

    “Fai moito tempo, un tipo moi intelixente, falando sobre as obras cumbre do teatro e a literatura, dixo:: «Todo xira arredor da soidade». A natureza do ser humano é buscar como conectar cos demáis: cos teus pais, cos teus fillos, o teu amor; conectar con unha razón que xustifique a túa existencia.”

    E unha, escoitándoo falar, acordábase de Chuck Noland e de outras tantas personaxes interpretadas por Hanks polas que todo o mundo, algunha vez, tivo desexos de traspasar a pantalla para abrazar ben forte.
    Imposible non facelo.
    Imposible non pensar nesa palabra tan fea, nese sentimento igual de feo, en que o contacto con outro segue a ser unha das necesidades máis básicas do ser humano.
    E imposible, na vida dun mesmo, non reordenar prioridades.

    Estamos preparados para moitas cousas, pero a soidade non é unha delas.

    Unha película de 10.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xa non lembraba ese diálogo interior cando decide aforcarse... A verdade é que, como resume da súa desesperación, fala por si só. En cambio, o que ensina a peli é xustamente o contrario: non matar a esperanza, non renderse, non deixar de loitar. Porque a inspiración, a sorte ou a saída ao que nos preocupa, aparecerá algún día, nalgún momento. E non poderemos aproveitalo se non estamos activos, cos ollos ben espertos e con todo preparado. Xeniais as citas! :)

      Eliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

Concurso Galicia en Foto (II)

Aquí volve o noso concurso! E unha vez máis, non penso dicir onde está isto ... Porque queda da vosa man! Iso si, desta vez cambiamos o método de resposta: en vez de escribir a solución publicamente nun comentario, enviarédesma a min directamente facendo clic na parte superior do blog, onde di "INFO", e dentro diso en "CONTACTO". Unha vez aí, non tedes máis que poñer nome, email e a vosa resposta! Deste xeito chegará a min sen que outros poidan vela.  Gaña quen acerte o nome concreto e a función do lugar no que botei esta foto .  Tal e como prometera, desta vez agarda un premio de cine! O PRAZO PARA CONCURSAR  REMATA ÁS 23.00 HORAS DO SÁBADO 9 PUBLICAREI TODAS AS RESPOSTAS E O GAÑADOR AQUÍ AO LONGO DO DOMINGO 10 BRAVO CENTURIÓNS! O lugar da foto é o fermoso campamento romano de Aquis Querquennis,  en Bande (Ourense). Os vellos coñecían o sitio como A Cidá, pois vían muros e obras de edificacións antigas.  En 1947, ao construírse o Encoro d