Hai un tempo falamos aquí da Sopa de plástico, unha inmensa illa formada por plásticos que circula á deriva no océano Pacífico, e que xa está procando terribles consecuencias no mar, na costa e ata na cadea alimentaria. Non é unha broma. Segundo estudos da ONU en cada quilómetro cadrado dos nosos mares hai 13.000 fragmentos de plástico. Unha contaminación devastadora, que fala moito de nós. E non precisamente para ben. Que se pode facer?
Studio Swine propúxolle a uns mariñeiros ir almacenando os plásticos que se enganchan ás súas redes para despois ensinarlles a fabricar con isto algo nos seus tempos mortos. O resultado, plasmado nesta curtametraxe, sorprende pola súa orixinalidade, pero tamén porque conciéncianos do enorme problema que estamos xerando aí fóra, nesa inmensa masa azul. Planeta Azul... ou Planeta Plástico?
![]() |
Fotograma da premiada curtametraxe "Sea Chair" |
Gustaríavos saber de que punto do planeta proceden os residuos convertidos en cadeira?
Probade a meter as coordenadas nun Google Maps...
Ese plástico non está lonxe.
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas por comentar!