Saltar ao contido principal

"Me jodí la vida"

Magnífica e impagable. De verdade. Así foi a charla con Pedro García Aguado, Hermano Mayor, no programa de televisión "Viajando con Chester". Absolutamente aconsellable para adolescentes, para nais e pais, e para calquera persoa disposta a escoitar a outra que, podendo telo todo, escachou a súa vida a cambio de "una puta mentira". Non hai ningún morbo nesta charla. Ao revés. O único que vexo nela son valores importantísimos que non adoitan frecuentar a televisión: a educación para escoitar a alguén sen interrompelo; a honestidade de recoñecer un pasado do que ninguén se sentiría orgulloso; a valentía de contalo para que outros aprendan dos seus erros; o firme compromiso de loitar para non volver caer; e sempre de fondo, durante toda a charla, unha dor infinita por non ter espertado antes dun letargo, o do alcohol e as drogas, que o único que lle legaron foi un regueiro de desgracias e unha frase inevitable roéndolle o interior: "Los mejores momentos de mi vida... me los cargué".

Por favor, non a perdades.
Clic na imaxe para ver íntegra a charla con Hermano Mayor.


Unha vez tiven a sorte de ver e escoitar en persoa a Pedro. Foi hai dous anos e medio, nunha charla para alumnos do instituto de Vilalonga, en Sanxenxo. Eu era profesor alí, e baixei a escoitalo coa atención de quen ten a oportunidade de oír a alguén con cousas importantes que contar. Non me decepcionou. Moi ao contrario, encantoume a profesionalidade coa que se tomou a charla, a habilidade á hora de comunicar e o cercano que foi con todos. Daquela charla conservo aínda un montón de anotacións, un recorte de periódico e algunha historia desas que se agarran ben á memoria... E queda, por suposto, unha moeda, que compartín con vós no seu día e que quizais agora algúns queirades rescatar. Clic AQUÍ!

Comentarios

  1. Esta entrevista foi de 10. Facía moito, moitísimo, que non me emocionaba tanto..

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. E tamén había moito, moitísimo, que na televisión non se facían entrevistas coa educación e paciencia necesarias para escoitar ás persoas con algo que contar. Ben por Chester.

      Eliminar
  2. Paula Murias7/10/14

    Encantame Viajando con Chester. E xa era hora de ter menos Salvame Deluxe e mais programas de verda. Chapo por Risto e por todos os que se sentan no Chester.

    ResponderEliminar
  3. “Me duele hablar de esto… Es que lo he hablado mucho, he hablado mucho de todo esto pero como si lo tuviera que vomitar, y se lo digo a la gente del programa, que no sé qué me pasa últimamente que estoy sintiendo. La droga me había hecho tanto daño, me había vuelto una persona tan fría y con el sistema nervioso central tan jodido, que llevo once años sin tomar nada y empiezo a despertar ahora. Once años sin tomar nada, y empiezo a despertar ahora.”

    Volver a sentir. A SENTIR. Que duro. Que rabia. Que difícil se nos faría a vida sen sentir nada… E pensar que algo como a “p*** droga”, como el lle chama, pode facer que alguén perda iso, paréceme unha realidade crudísima.

    Un día escoitei a Albert Espinosa, ao que lle amputaran unha perna por culpa dun cancro, falar do primeiro día que puido volver a andar. Dicía que os segundos primeiros pasos son inesquecibles. Un, cando é neno, aprende todas esas cousas que lle servirán para a vida. Aprende a andar, aprende a falar... e aprende a sentir. Apréndese de neno, e dase por feito que se aprende pra sempre. Por iso ahí, escoitando a Pedro, véndoo a través dunha pantalla contar cómo aos seus 45 anos está empezando de novo a sentir cousas... a un párteselle a alma en dous. E rómpese. Rómpese coma el. E sinte. Sinte unha pena como se fose propia, e danlle ganas de traspasar a pantalla e abrazalo durante horas pra devolverlle todos eses sentimentos perdidos ao longo de once anos. Once anos. Máis de catro mil días.

    Uff.
    Vin esta entrevista catro ou cinco veces, e son incapaz de conter as bágoas. Non sei non emocionarme cando chego a ese punto do vídeo.
    De verdade.

    Creo que nunca antes vira nin escoitara ningunha entrevista con máis corazón que esta.

    ResponderEliminar
  4. Non importa a idade; o único que importa é esta querer aprender. Hay algunhas frases que, máis aló da sinceridade, resultan útiles para os outros. E nese sentido, ademais da encomiable honestidade á hora de falar do que lle sucedeu, gústame especialmente todo o que Pedro ten para dicirlle aos novos:

    *"se puede prometer; pero con prometer sólo no basta"
    *"los mejores momentos de mi vida, me los cargué"
    *"[en la adicción] es todo una puta mentira"
    *"si no se sale siempre con la suya, mejor: esaa pataleta va muy bien para el futuro"
    *"dándotelo todo no sabían que te estaban convirtiendo en un tirano"
    ...

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

III Concurso CineHistoria

Como cada curso, e xa van tres, en 1º de Bacharelato empregamos a Historia como unha escusa para ver cine... Ou será que usamos o cine como escusa para ver a Historia? O funcionamento é sinxelo. Entrego unha lista de películas por época histórica, concedo un prazo amplo para ver unha delas e despois realizamos un concurso de críticas onde cada un busca unha forma orixinal e breve de falar da peli que elixiu... Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o  III CONCURSO CINE HISTORIA  de 1º Bacharelato! 49 películas na lista. 41 candidatos que escribiron a súa minicrítica (8 liñas). 3 pelis de premio (as da imaxe) para as 3 mellores! A partir desta tarde podedes lelas todas, nos Comentarios  desta entrada. Este Xoves 4 , na clase e no blog:  Gañadores, Premio e Foto! Sorte a todos!