Gústanme as curtametraxes. Paréceme un reto contar unha historia, e lograr conmover ou impactar ao espectador en tan pouco tempo. No festival Notodofilmfest os vídeos non poden pasar de tres minutos e medio de duración, así que precisas moi pouco tempo para ver un montón de historias. Comprometidas, cómicas, dramáticas, inquedantes... Como no cine. De todas as que vin onte, gustáronme varias pero paréceme moi digna de compartir esta, que leva por título Estrella. Fermosa demostración de que unha peli pode lograr en tres minutos o que algunhas non logran en dúas horas. Sorprender, conmover, remover...
Empatía
Buf... A miña noraboa por esta grande curtametraxe... Unha maneira diferente de denunciar, de ensinar, de chegar a todo o mundo doutro xeito e de explicar que os animais sinten e sufren coma calquera persona. Unha historia triste, que non debería existir, pero que por desgraza ocurre, unha historia triste con final feliz, unha curtametraxe que merece ser premiada, aínda que ben seguro o mellor premio ( polo menos na miña opinión, e para todos os que fixeron esta curtametraxe supoño que tamén) sería que non houbese maltrato nin abandono dos animais. Grazas por compartir esta moeda, Miguel!
ResponderEliminarÉ unha historia impresionante. E necesaria. Que non gañou o concurso, pero que é de lonxe unha das curtametraxes máis vistas e agradecidas polo público, e que logra con creces algo máis importante que gañar un concurso. Logra interesar, impactar, conmover, agarrarse á memoria. Fai que ata o máis garrulo se remova incómodo no asento. E, por suposto, dá ganas de coidar con mimo de todas as Estrellas. Como fas ti, S.
EliminarQue historia tan bonita, Silvia! E canto me alegra que a escribas aquí! Non é nada fácil saír do cómodo e ir axudar a quen o precisa. Non todo o mundo ten o valor de implicarse en facer algo polos demais e aliviar a dor allea. Sempre é máis fácil mirar para outro lado. Por iso admiro moitísimo o paso que desteis ti e a túa amiga. E lendo as túas palabras, un non sente outra cousa que ganas de achegarse a un lugar así e axudar... Así que tómoche a palabra e comprométome a probar esa experiencia. E a traerme dela unha moeda para compartir aquí.
ResponderEliminarMarabilloso o vídeo de Tinta en El Hormiguero. Marabilloso o que esas persoas fixeron por ela, e marabilloso o exemplo que esa cadela nos dá. Lembroume moito á historia de Duncan, outro can que pasou por Caronte hai uns meses, enchéndoo todo coa súa alegría:
http://moedasparacaronte.blogspot.com.es/2014/03/sera-por-patas.html
Dende que Tinta saiu no Hormiguero, xa chamaron para adoptala 100 persoas! Oxalá lle pasara o mesmo a todos os cans que había no refuxio, e non só a eses, se non que en vez de comprar, adoptáramos todos! Encantada de compartir contigo esta experiencia :)
ResponderEliminar