16/09/14

Novas travesías

16/09/14

Vía
Din que o mellor de viaxar é poder regresar. E é verdade. Despois de dous meses da última publicación, tiña unhas ganas enormes de volver con Caronte, que ao fin e ao cabo é unha forma de chegar a vós, e de compartir os intereses e as cousas boas que nos unen. Por que non o fixen antes? Primeiro, porque eu tamén necesitaba descanso. Levo case catro anos a dúas ou tres publicacións por semana, tamén nas vacacións, e empezaba a sentir a necesidade dun parón para poder ver atrás, valoralo mellor e recuperar unha motivación que notaba que se ía desgastando. E en segundo lugar, porque había xa tempo que sentía que a barca estaba necesitada de reformas. Que era preciso cambiar o formato e renovar o deseño, facéndoo máis limpo, claro e actual. E a pesar de que tiña unha idea máis ou menos clara do que quería, o cambio que imaxinaba era tan grande e complicado a nivel técnico, que necesitaba dar con alguén capaz de levalo a cabo. Espero que o cambiazo que estades a punto de descubrir en Moedas para Caronte vos guste, e oxalá vos faga sentir que pagou a pena agardar. Conto coa vosa opinión!



Setembro e ﷽﷽﷽﷽﷽﷽﷽﷽amén éo.lver.paramore, que voste tanto como a min. Que, como digo sempre, entre polosunca paseié tamén o mes do regreso ás clases. Iniciamos algo novo. E iso tamén conleva cambios, aínda que non todos nos gusten. Persoalmente, o que peor levo é perder as vosas caras. Durante un curso os momentos vividos con vós son tantos, e algúns tan sumamente bos, que faise moi difícil vervos marchar. Quizais vos sorprenda saber que, nos primeiros días de cada novo curso, sigo preparando as miñas clases para vós; para facianas e xestos que xa non están, pero que permanecen nítidas na miña memoria e que boto en falta cando entro, explico ou interactúo na clase. É a cara máis difícil de cada inicio de curso. Pero é unha fortuna para todos que suceda así. Porque significa que avanzades, que seguides o voso camiño, que ides a máis. Marchades para seguir medrando. E así é como debe ser. Mentres, aquí seguirei, preparando clases para vós, e agardándovos sempre en Caronte. 


Debo algunhas cousas aos que fosteis alumnos meus o curso pasado, e este é un bo momento para subir algunha delas a bordo. A primeira é o meu agradecemento. Algúns pensarán que un profesor non debe dar as grazas aos seus estudantes, pois é obriga destes aproveitar as clases. Pero unha cousa non quita a outra. En moitas ocasións, coa vosa participación, a implicación persoal no que vos propoñía, o esforzo por mellorar, ou as mensaxes que aquí ou noutros lados me fosteis facendo chegar, sentinme valorado e afortunado de estar entre vós. De moitas destas cousas, máis aló do que eu explique, depende ao final a calidade das clases. E grazas a elas este curso tivemos moitos momentos de calidade: pequenos debates, vídeos, anécdotas, cine, xogos, algunha mentira didáctica, concursos, premios, excursións, fotografías… Esta é a moeda que Caronte nos pedirá o día en que arribe á nosa beira. Estas son as cousas que fan que un curso ou unha vida pague a pena: as aprendizaxes que serven, e as experiencias que un sente dignas de recordar. Oxalá que, deste curso que se foi, sintades que vos quedan tantas como a min. 

E a segunda débeda que hoxe quero saldar son as fotos que ilustran esta entrada. Facendo clic nelas podedes agrandalas. A luz era moi dura aquel día e en cor non se ven nada ben. Pero espero que vos gusten, e sobre todo que vos sirvan para non esquecer nunca o grupo que fosteis e as experiencias que vivimos xuntos.





Deséxovos toda a sorte na nova travesía!
E por suposto espérovos aquí, onde sempre teredes un sitio.
Ata pronto!

Recibe os contidos no teu correo

14 comentarios

  1. Inés16/9/14

    HOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOLA , hola, hola desde la sierra salmantina.Aquí está esta maestra rural esperando tus ideas, tus noticias, tus novedades ...como agua en mayo:):):).
    Gracias por volver!!!! y a tus alumnos y alumnas.... a por todo en este curso que será magnífico

    ResponderEliminar
  2. Hola Inés! Aquí estamos de volta! E agárrate, que hai curva! Espero que che gusten as novidades no blog, e que sementemos o curso de cousas boas. Grazas por seguir aí, e... Empezamos!

    ResponderEliminar
  3. Elvira16/9/14

    Gusta me moito este novo look. Xa te botabamos de menos

    ResponderEliminar
  4. Sandra16/9/14

    Bravoooooo!!! Pedazo cambio de look!! Encántame!! Como di Elvira xa te botábamos de menos!!

    ResponderEliminar
  5. Bueno...buenoooooo.....Impresionante. Noraboa Ruco!!! Comparto.

    ResponderEliminar
  6. marisa16/9/14

    Noraboa!!! Gústame o cambio. Adiante na nova travesía.

    ResponderEliminar
  7. Este cambio de look está xenial, nin feito por Llongueras quedaria tam bonito jejee. Agardo os teus post!!! ;)😊

    ResponderEliminar
  8. Alégrame infinito que vos alegredes polo novo deseño e polo cambio. Desde aquí, mil grazas aos que me alimentastes con ideas, opinións ou ánimos. E por suposto, aos que agora volvedes a subirvos cun sorriso nesta renovada travesía. Aló imos!

    ResponderEliminar
  9. vitoria17/9/14

    Metamorfose:
    Despois de catro anos de verme ( precioso verme eh!!) e de dous meses na crisálida nace a volvoreta adulta,lixeira e suave.
    Perfecto o novo deseño,
    Caronte vai alucinar cando vexa as túas moedas, moedas con forma de estrela, de lúa, de carta, de óso, de espiral, de dado, de corazón, de corazón, de corazón...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Agora, logo, toca voar lixeira e intrépida, sobrevoar fragas, pousarse nas flores, desenvolver a espiritrompa, e apañar con mimo o néctar do que se alimentaban os deuses... e modelo con formas que as moedas non esperan. :)

      Eliminar
  10. Silvia Morgade17/9/14

    Carai Miguel, xa se botaba de menos unha publicación das túas; despois de todo o verán, ver unha entrada en setembro fai que lembre ese corto pero incrible curso de terceiro da ESO contigo. Dende logo que a espera valeu a pena! A todo mundo lle ven ben un cambio de look de vez en cando... e a Caronte veulle que nin pintado, noraboa! Vémonos pronto ou iso espero ;)
    Un saúdo dunha fiel lectora. :D

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ei, como me alegra Silvia! Eu tamén me lembro moi ben! Aquí seguen todas aquelas cousas que fomos vivindo e publicando xuntos durante aquel curso, e estes días tiven ocasión de ir rescatándoas. Xa van aló case tres anos! E non sabes canto me gusta e valoro que, despois dese tempo, sigades embarcándovos comigo e Caronte na procura de cousas boas que compartir.
      Desde logo que nos vemos pronto! Un abrazo grande.

      Eliminar
  11. Un día, fai anos, lendo unha crítica sobre un disco de Belle and Sebastian nunha revista, o autor contaba como e cando se namorara do grupo por primeira vez. Dicía que el debía ter uns vinte anos e que, por aquel entonces, poñer a súa música era a maneira máis bonita de perder toda unha tarde. “A maneira máis bonita de perder toda unha tarde”… Pareceume unha descripción fermosísima, pareceume que o “perder”, ahí, era de todo menos literal. Pareceume, cando o lin, que algo tiña que ser moi bo como para que un se deixase levar toda unha tarde e se esquecese do paso das horas, así que collín un deses cadernos que sempre levo enriba e anoitei a frase.

    ¿Por que che conto isto?

    Dende que descubrín Moedas para Caronte, fai uns meses, vin aquí de visita sempre que tiña anacos libres. Recordo que vira no arquivo que levabas máis de tres anos de entradas publicadas, así que de paso que entraba a por unha “moeda”, aproveitaba para empaparme dun par delas mais.
    Gústame a túa maneira de contar as cousas e, co tempo, foi fácil saltar de aquí para alá, de películas a historia, de viaxes a música, de libros a descubrimentos, de curiosidade en curiosidade.
    O certo é que houbo entradas tan tan tan (sí, tres veces “tan”) fermosas, que volvín a elas unha e outra vez. Unha e outra vez. E así, ao longo da vida, creo que se me fará imposible esquecer a Hugo e a James “cantando” xuntos no medio do Atlántico, a Franz Reichelt saltando dende a torre Eiffel, ao fareiro do Faro de La Jument ou Ria Van den Brand na súa primeira aventura nunha montaña rusa. Persoas que ía coñecendo sen saber que tiñas tantas entradas escritas que eu aínda non lera.

    Así que hoxe, coa tarde libre por completo e a novidade do novo deseño (sinto a redundancia), volvín outra vez ao blog, viaxando por cada historia como quen viaxa a ese lugar tan fermoso que sempre estivo cerca da casa pero no que nunca quedara tanto tempo. Viaxes que dan sentido ó ano, á vida, a todo o tempo que pasa entre unha visita e a seguinte.

    E cando me din conta, era xa de noite.
    E entón acordeime do caderno no que anotara a frase da que antes che falaba.

    Creo que, ata agora, non a entenderá. Non, polo menos, da maneira en que, no seu día, o autor a escribiu para que se entendese. E é a maneira na que, un venres de setembro, se me esfumaron as horas por aquí: prométoche que a de hoxe me pareceu unha das formas máis bonitas de perder toda unha tarde.

    Grazas por deixar aquí as moedas. Pinguiñas para vivir, medicina para a alma e, en moitas ocasións, o interruptor necesario para acender a luz que nos fai avanzar, saltar sen medo, arriscar.

    De verdade que da gusto atoparse con xente así. Persoas que disfrutan o que fan e fan que todo sexa agradable, fácil ou divertido. Como ti, Miguel, que aquí escribes.

    Oxalá sigas facéndoo moitos máis anos.
    Mentres así sexa, eu quedo a VIVIR (con maiúsculas) aquí.
    :)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que gustazo que naveguedes ao voso aire, descubrindo moedas a destempo, desas que o paso das semanas, os meses e os anos van deixando soterradas....Incluso para min! Por iso é unha alegría especial un comentario coma este, Paula: que me menciones a Hugo e James (da fermosa curta "North Atlantic"), a Franz (e o seu tráxico voo desde a torre Eiffel), ao arriscado torreiro do Faro de La Jument, ou a aquela abuela que sabía "Divertirse (ben)" nunha montaña rusa, é coma ir escavando con curiosidade e mimo arqueolóxico o lugar no que alguén foi depositando as cinzas de momentos que viviu. Gústame que esto se pareza a unha cápsula do tempo, ou a un deses vellos baúles que gardan os fallos ou rochos das casas, cheos de cousas e recordos por descubrir.

      Seguiremos, como non! Quen sabe se un día damos xuntado tantas moedas como para afundirlle a barca a Caronte, liberándoo por fin e para sempre da súa pesada carga.

      Milleiros de grazas, Paula. :)

      Eliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK