David impartía clases nunha academia pero faltáballe tempo para resolver todas as dúbidas aos seus alumnos, ou para garantizar que aprenderan ben o que trataba de ensinarlles. Así que pensou na posibilidade de montarse un estudio na casa. Pero non un estudio de estudar, non, senón un estudio de televisión (ou case). Comprou cámaras, focos, pizarra XXL e abriu unha canle en Youtube para poder subir todos os vídeos que facía coas explicacións. Sabedes cantas visitas acumula a súa canle? Máis de 40 millóns! E por que? Porque explica ben. Porque ten máis de 600 vídeos con clases de Mates, de Física ou de Química. De todos os cursos! E porque podes velos cando ti queiras, cantas veces sexa necesario. Así que unha axuda así non é para deixar pasar!
Clic na imaxe para coñecelo!
Moitos alumnos lle debemos o aprobado a David, eu entre eles. É magnífico que unha persoa cas suas características nos brinde a todos esta axuda e sen ningún interés.
ResponderEliminarXa sabes! Deixa de ser tan vago e sube algún vídeo! ;-)
ResponderEliminar