Revolucionario. Así é o novo Assasin's Creed Unity. Esa é a palabra, porque neste impresionante videoxogo todo comeza o 14 de Xullo de 1789, o día en que o pobo de París asalta a Bastilla. O obxectivo? Facerse coas armas para iniciar unha Revolución brutal. E aí, nese capítulo violento, abrumador e apaixoante da Historia, é onde apareces ti... Precisamente ti.
Preparado para o asalto?
Clic na imaxe para flipar e unirte á Revolución
Grazas Von Rommel!
Curiosamente, hai nada chegamos de Hatay, unha provincia do sur de Turquía que foi ocupada polos franceses logo da Primeira Guerra Mundial, e descubrimos que aínda celebran hoxe en día o asalto á Bastilla!
ResponderEliminarComo dicía Jacinto Benavente, "A cultura é a boa educación do entendemento". E o entendemento é ese patrimonio que un non repara en que o ten ata que descubre que todo na vida, incluso o máis afastado, adoita encaixar coma un puzle. Mesmo atopándote nunha lonxana provincia no sur de Turquía.
ResponderEliminarQue felicidade dá conquistar ese patrimonio. E que felicidade me dá ver que o tedes conquistado. :)
Feliz travesía Marey e Andrea!