Phillipe é un aristócrata tetrapléxico tras un accidente de parapente, que busca unha persoa capacitada para coidalo. Abdel é un inmigrante con antecedentes penais que vive nos suburbios, e que, máis que traballo, busca unha firma para poder cobrar o paro durante uns meses. Ambos son dous opostos que non pegan nin con cola. Pero por algún motivo, o día no que se coñeceron, Philippe escolleu precisamente a Abdel. E ese día, sen poder imaxinalo aínda, ambos salváronse mutuamente. A base de espontaneidade, desdramatización e risas.
Clic no cartel para ver o tráiler
Eso es exactamente lo que quiero, ninguna piedad.
Boa sesión!
De cine. De magnífica música. E de sorrisos.
É boísima: a peli, a banda sonora, a interpretación dos dous protagonistas... Se me mandas escoller escena, quédome coa da ópera; non me rin nin nada :P
ResponderEliminarA da ópera é para esmendrellarse de risa!
ResponderEliminarPero gústame máis a da lección de música clásica: sinto e río. Ambas cousas. :D
Esta película mireina vai un par de anos,e a verdade e que é moi boa,ou polo menos a mín parécemo.Ademais de ter as súas partes graciosas,transmite unha mensaxe bastante boa!
ResponderEliminarEu tamén, Gaby! Non sei ti, eu vina no cine, e lembro que saín pleno de boas emocións. Non só polas risas, como ti dis, senón tamén por como trata o tema: non hai piedade, nin compaixón, nin dramas para facer que chores. Os dous protagonistas teñen problemas moi importantes nas súas vidas, pero é a súa actitude ante eles (e entre eles) o que os salva. E velos, fainos entender que o importante non son as cousas que nos pasan, senón como pensamos sobre elas. :)
ResponderEliminar