27/01/14

Auschwitz, por Primo Levi

27/01/14

Esta noite cúmprense 69 anos da liberación de Auschwitz por parte de tropas soviéticas. Non era o primeiro campo de concentración que os rusos atopaban no seu rápido avance sobre os nazis. Pero imaxino que nin sequera eles se poderían acostumar a algo así:
Cuando llegaron a las alambradas se pararon a mirar, intercambiando palabras breves y tímidas, y lanzando miradas llenas de extraño embarazo a los cadáveres descompuestos, a los barracones destruídos y a los pocos vivos que allí estábamos

Auschwitz era un enorme conxunto de campos de concentración e exterminio que os nazis montaran en Polonia ao pouco tempo de invadila. O xenocidio de máis de un millón de persoas en apenas tres anos converteron a este campo no escenario do maior asesinato en masa da historia da humanidade. Cando os rusos chegaron, só atoparon sete mil persoas, na súa maioría enfermos, lisiados e presos tan desnutridos que apenas podían camiñar. Primo Levi foi un dos que sobreviviu. O seu libro "Los hundidos y los salvados", que forma parte da súa espeluznante "Trilogía de Auschwitz", é a lectura máis dramática e impactante que coñezo. 
Aquí no estaba presente sólo la muerte sino una multitud de detalles maníacos y simbólicos, tendentes todos a demostrar y confirmar que los judíos, y los gitanos, y los eslavos, son ganado, desecho, inmundicia. Recordad el tatuaje de Auschwitz, que imponía a los hombres la marca que se usa para los bovinos; el viaje en vagones de ganado, jamás abiertos, para obligar así a los deportados (¡hombres, mujeres y niños!) a yacer días y días en su propia suciedad; el número de matrícula que sustituye al nombre; la falta de cucharas (y sin embargo los almacenes de Auschwitz contenían, en el momento de la liberación, toneladas de ellas), por lo que los prisioneros habrían debido lamer la sopa como perros; el inicuo aprovechamiento de los cadáveres, tratados como cualquier materia prima anónima, de la que se extraía el oro de los dientes, los cabellos como materia textil, las cenizas como fertilizante agrícola; los hombres y mujeres degradados al nivel de conejillos de india para, antes de suprimirlos, experimentar medicamentos. La manera misma elegida para la exterminación (al cabo de minuciosos experimentos) era ostensiblemente simbólica. Había que usar, y se usó, el mismo gas venenoso que se usaba para desinfectar las estibas de los barcos y los locales infestados de chinches y piojos. A lo largo de siglos se inventaron muertes más atormentadoras, pero ninguna tan cargada de vilipendio y desdén.  
Latas usadas de Zyklon B, o pesticida a base de cianuro usado nas cámaras de gas
La evasión era difícil y extremadamente peligrosa: los prisioneros estaban debilitados, además de desmoralizados por el hambre y los malos tratos, tenían la cabeza rapada, ropas de rayas inmediatamente identificables, zapatos de madera que impedían el paso rápido y silencioso; no tenían dinero y, en general, no hablaban polaco, la lengua local, ni tenían contactos en la región -cuya geografía por otra parte desconocían-. Además, para reprimir las fugas se adoptaban represalias feroces: a quien atrapaban lo colgaban públicamente en la plaza de la Lista, a menudo después de torturarlo cruelmente; cuando se descubría una fuga, se consideraba a los amigos del evadido como cómplices suyos y se los dejaba morir de hambre en las celdas de la prisión, el barracón entero debía permanecer de pie durante veinticuatro horas y, a veces, se arrestaba y se deportaba a los Lager a los padres del "culpable". A los SS que mataban a un prisionero que intentaba huir se les concedía una licencia como premio: por ello solía suceder a menudo que un SS disparase a un prisionero que no tenía ninguna intención de escapar, únicamente con el fin de conseguir el premio.

Volví a Auschwitz en 1965, con ocasión de una ceremonia conmemorativa de la liberación de los campos (...). No me ha impresionado mucho visitar el Campo Central; el gobierno polaco lo ha transformado en una especie de monumento nacional (...). Hay un museo en el que se exponen miserables trofeos: toneladas de cabellos humanos, centenares de miles de gafas, peines, brochas de afeitar, muñecas, zapatos de niños; pero no deja de ser un museo, algo estático, ordenado, manipulado (...). He sentido una angustia violenta, en cambio, al entrar en el Lager de Birkenau, que nunca había visto como prisionero. Aquí nada cambió: había barro y sigue habiendo barro, o en verano un polvo que sofoca; los barracones (los que no fueron incendiados con el paso del frente) están tal cual, bajos, sucios, hechos de tablones mal ensamblados y con el suelo de tierra apisonada; no hay literas sino tableros de madera desnuda hasta el techo. Aquí nada ha sido embellecido. Venía conmigo una amiga, Giuliana Tedeschi, sobreviviente de Birkenau. Me hizo ver que sobre cada tablero de 1,80 por 2 dormían hasta nueve mujeres. Me hizo notar que por el ventanuco se ven las ruinas del crematorio; en esa época se veían llamas en la cúspide de la chimenea. Ella había preguntado a las veteranas: "¿Qué es ese fuego?", y le habían contestado: "Somos nosotras, que nos quemamos".

Primo Levi sobreviviu a Auschwitz, pero pasou o resto da súa vida atormentado polos recordos do que alí lle tocou vivir. O título do seu libro "Los hundidos y los salvados", que nunca me cansarei de recomendar, é toda unha declaración de intencións. Para Levi, os salvados eran aqueles que morreran dentro do campo; e os afundidos, os que lograran saír con vida. Coma el.

Recibe os contidos no teu correo

11 comentarios

  1. Expeluznante relato!!
    Fago uso daquelas famosas frases de Unamuno contra o alzamento militar do 36: "Venceréis pero no convenceréis". Neste caso é máis da mesma historia, aínda máis cruda si cabe. Foron moitos os vencidos nos campos de concentración, pero moi poucos os convencidos de que semellantes torturas puideron ser necesarias, ou puideron ter base algunha...
    Non o lin, pero gardo o título para "engulilo" máis adiante :)

    ResponderEliminar
  2. Vitoria28/1/14

    La mariposa

    "Contento, lo que se dice contento,
    he estado muchas veces en la vida
    pero más que ninguna cuando
    me liberaron en Alemania
    que me quedé mirando una mariposa
    sin ganas de comérmela."

    TONINO GUERRA

    ResponderEliminar
  3. Paula Alonso C.29/1/14

    Uff... Isto deixa o corpo feito anaquiños. Con todo o duro que se fai escoitalo (ou lelo, neste caso), non quero imaxinar os horrores de aqueles anos nese lugar... Esas últimas verbas túas creo que o din todo: "Para Levi, os salvados eran os que morreran dentro do campo, e os afundidos os que lograran saír con vida. Coma el."

    ResponderEliminar
  4. Despois de ler a Primo Levi, nunca volvín a ver con indiferencia as migas que quedan nunha mesa despois de comer... Nin as culleres... Nin as billas que gotean... Pode parecer unha lectura amarga, pero o que máis sentes ao lela non é pesar; é agradecemento.

    ResponderEliminar
  5. Sandra29/1/14

    O libro: "La bibliotecaria de Auswichtz", narra a historia dunha nena que xunto cos seus pais está nese horrible sitio e de como a través dos libros, intentan "huir" psicoloxicamente dese inferno que están vivindo. Como puido suceder algo así?! :-( horrible!

    ResponderEliminar
  6. É verdade! E tamén temos agora mesmo no cine a película "La ladrona de libros", baseada na novela homónima, e que tamén está ambientada na Alemaña nazi.

    ResponderEliminar
  7. Tiñas que facer outro, pero co HOLODOMOR

    ResponderEliminar
  8. Desde logo que si, Telmo. Queda apuntado! Abordámolo en breve!

    ResponderEliminar
  9. Despois de ler "Los hundidos y los salvados" e de estar rematando "Si esto es un hombre", a unha quédanselle os pelos de punta. No primeiro (como ves, non fun por orde, senon ao revés) quedo pasmada coa análise que fai Primo Levi sobre todo o que viviu naquel maldito lugar, con como profundiza en certos temas como a vergoña, a comunicación ou os estereotipos... Abraiante! Con "Si esto es un hombre", a unha quédalle o corazón feito (aínda máis) "blandiblú". E contareiche algo... En outubro tiven que ir ata Berlín a unha entrevista de traballo e, unha vez me dixeron que tiña que viaxar ata alí, decidín quedar 10 días para aproveitar a viaxe e coñecer de cerca un país e unha cidade que, persoalmente, me parece que teñen unha historia fascinante. O caso é que un dos días reserveino enteiro para ir ao campo de concentración de Sachsenhausen. Cando fun, sabía unhas cantas cousas que alí pasaron e imaxinaba outras tantas, pero a imaxinación quedóuseme moi curta. Xusto antes de entrar, o primeiro que se vía eran as grandes letras que dicían "Arbeit macht frei", e ahí a primeira punzada no alveolo. Paréceme unha frase terrible. Logo, coa axuda dunha audioguía, fun pasando por todas e cada unha das zonas nas que está dividido o campo... As barracas, as pequenas camas con capacidade pra un pero case sempre con dous presos, as zonas de aseo, as de tortura, os experimentos... as cámaras de gas... o paredón de fusilamento... Buff... E logo a parte máis dura: as historias persoais de uns e outros. No 2003, facendo uns traballos no campo, un obreiro atopou unha botella con unha nota escrita por dous presos durante os anos que pasaron alí... Un deles levaba alí sete anos! Sete! E preguntábase cando volvería a ver ao seu amor... Irremediablemente, póñenselle a unha os pelos de punta outra vez máis. Estiven alí dentro cinco horas, co corazón totalmente encollido, e cando saín só tiña ganas de chorar. Supoño que por rabia, e supoño que tamén porque pensaba que, se ese era o efecto que tiña en min esa durísima verdade da que pouco sabemos ata que se "palpa" máis de cerca, o efecto nas familias de todos e cada un dos que alí estiveron presos, ao enterarse de como era o día a día, tiña que ser algo terriblemente doloroso. Por iso, agora que estou a piques de rematar "Si esto es un hombre", se me veñen a cabeza un montón de imaxes, sensacións e escalofríos de novo. Aquela viaxe en tren ata Oranienburg foi difícil, e esta viaxe polo libro éo igual ou máis se cabe porque, sobre todo (que é o que máis me "martelea" na cabeza), ¡disto non fai tanto tempo! ¡Ocorreu fai moi poucos anos!

    En fin, que grazas pola recomendación e unha aperta forte.

    ResponderEliminar
  10. P., mil grazas polo comentario. Alégrome de que a lectura non che defraudara, e agradézoche infinito esa historia que contas da túa experiencia en Berlín.
    Eu nunca estiven aínda nin en Berlín nin tampouco nun campo de concentración. Pero creo que Primo Levi aproximoume tanto á vida nun deles, que o día que poida pisar un, fareino con moitas das súas historias na memoria.

    Sobre esa viaxe en tren que fixeches (non debería haber outro modo de chegar a un campo), non podo deixar de recomendarche outra lectura. Esta moito máis breve (é un conto), pero igual de duro (é unha historia real). Titúlase "A historia de Erika", e está publicado por Kalandraka. Aquí hai unha ligazón a un vídeo no que se narra o conto, e que tamén é unha boa forma de coñecela:

    http://moedasparacaronte.blogspot.com.es/2013/09/a-historia-de-erika.html

    Aperta!

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK