É curioso. Quería explicar o Carnaval ou Entroido : ese período de excesos permitido pola Igrexa católica para facer máis soportable o que vén despois, a Coresma, un período de corenta e seis días de pouco alimento e moita penintencia, para lembrar o tempo que pasou Xesús no deserto soportando todo tipo de trasnadas de Belcebú. E quería usar para esa explicación este cadro do sempre espectacular pintor flamengo Brueghel o vello . Un auténtico animal . Tanto, que cinco séculos despois, as súas pinturas seguen tendo algo que atrapa, que cautiva. Neste caso, unha táboa que leva por título O combate entre Don Carnal e Dona Coresma . Unha obra moi do estilo El Bosco, con moito detalle, moito caos, moitas persoas, moita actividade, moitos simbolismos deses que che fan abrir os ollos e darían para vinte programas de Cuarto Milenio... Estaba así, con moito zoom, embobado en descubrir cada recuncho da obra, cando de súpeto pensei... pero se isto somos nós. Si, si! Estes somos nós! A ver,...
Dan ganas de baixarse...
ResponderEliminarPero non tes a impresión de que precisamente nestas fechas celebramos que despois dunha peligrosa volta ao redor do sol todo sigue igual, as mesmas palabras, o mesmo menú, o mesmo brindis: porque nada cambie!!?
Nós si, porque estamos no lado conservador do mundo: o dos países que erguen muros para protexer aquilo do que se apropiaron. Pero... Témome que os que quedaron no outro lado dos Muros, dificilmente poidan celebrar que todo siga igual. Ou que, a cada perigosa volta do Sol (gústame), un novo muro se interpoña entre a súa sorte e a súa liberdade para tratar de cambiala.
ResponderEliminar