Saltar ao contido principal

X nada

Hai curtametraxes que merecen verse. Esta, que incluso cheguei a utilizar en clase, é un retrato breve, pero moi claro e contundente, da sociedade enferma na que vivimos. Unha sociedade enferma de materialismos e de falta de valores, e na que chegan a facerse auténticas atrocidades por aburrimento. Por burramia. Por nada... X nada. Iso precisamente é o mellor deste corto, que nos retrata. En canto ao peor... O peor é que está baseado en feitos reais.
Tes 10 minutos para velo?


Chámanlle o "Síndrome do Emperador" porque se cren os reis da casa. Recoñécense enseguida porque son todos iguais. Mozos menores de idade, vagos e tiranos, que lle fan a vida imposible precisamente ás únicas persoas que teñen e que os queren: os seus pais, unha irmá, ás veces incluso un avó... Desde pequenos sempre tiveron máis do que necesitan, e non toleran a palabra "non" porque lles parece que teñen dereito a todo. Padecen un egocentrismo enfermizo, e non coñecen a empatía (que é a capacidade de poñerse no lugar dos demais) nin tampouco o sentimento de culpa. Por iso incluso chegan a sentirse orgullosos do dano que lle fan aos demais. Eles non o saben, pero ao medrar aferrados a esta forma de ser están quedándose sós e botando as súas vidas a perder. Agora que os vistes, agora que sabedes como son, o único que espero é que vós nunca sexades un deles.

Comentarios

  1. Lucía García Jartín9/11/13

    Aínda recordo cando nos puxeras fai anos esta curta na clase para analizala, e agora volvéndoa a ver revivo esa sensación de noxo hacia esas persoas que por unha marca, un obxecto ou un intento de ser respetados polos demais poden chegar case a acabar coa vida doutra persoa. Paréceme un moi bo exemplo do que nunca hai que chegar a ser. Gracias por achegárnola.

    ResponderEliminar
  2. :) Moitas grazas, Lucía! Non sabes como me alegra que ainda te acordes. Xa van aló 4 anos!

    Ás veces os exemplos negativos son os que máis axudan á hora de elixir o que un quere ser... Ou non ser. A min, mais que noxo, decepcióname. Decepcióname a súa renuncia á vida, o maltrato a todo (incluso a si mesmo), e sobre todo ese proteccionismo ridículo dos pais que se ve ao final, e que axuda a entender algunhas cousas.

    Ao mellor, se puidesen verse a si mesmos cando son asi, ata eles sentirían ese noxo, e esa decepción. X nada.

    ResponderEliminar
  3. PaulaLó21/11/13

    Soy una choromicas, y a mucha honra.
    Y pensar que esto sucede cada día en todo el mundo, pensar que esta sociedad en vez de mejorar empeora a cada paso, pensar y pensar... pero por mucho que lo pienso no logro entender que se pasa por la mente de esos/as jóvenes, es que yo no puedo ni imagirme en su lugar, de veras. Me ha gustado mucho el corto pero esa verdad que representa no puede nada más que darme asco. Ojalá la realidad no fuera esta, y ojalá pagaran por todo lo que hacen sufrir, no sólo a los que maltratan fisicamente sino también por el resto de víctimas que sufren el dolor de ver como arruinan su vida, esa familia que sufre por ellos habitualmente en vano, aunque hay veces que la "suerte" cambia ese futuro que parecía tan claro.
    Gracias por no enseñarnos solamente historia, por enseñarnos a ser personas con dos dedos de frente :3
    Pd. Y gracias por el Risk y por dejar que MiguiCru entrara en clase hahaha. #SiHayHistoriaEsUnaMañanaProductiva

    ResponderEliminar
  4. #SiHayHistoriaEsUnaMañanaProductiva.
    Jajaja! Gústame o "hashtag"! Que digo o "hashtag"?, gústame todo o texto!

    Claro que é unha honra ter sensibilidade. E menos mal! O problema está en non tela, en crerse mellor que os demais, ou en apoltronarte no aburrimento de non facer nada por ti mesmo. De non querer aprender e vivir ben a única vida que temos.
    Precisamente unha das cousas que máis me gustan cando vexo este corto son eses primeiros segundos, cando o rapaz coa camiseta VIVE (con maiúsculas) a canción "Thunderstruck" de ACDC (calquera de nós querería vivila así), cando marcha apurado e responsable ás súas clases de guitarra, ou cando se achega un segundo a coidar de seu pai (un par de xestos cariñosos) antes de saír á rúa.
    É o único momento doce. Todo o demais entristéceme. Pero esas son as pelis que me gustan. As que nos poñen o espello diante. E en gran parte, como dis ti Paula, esa é a penosa realidade que tamén temos.

    Ensino eu, ensinades vós, aprendemos todos. :)
    Vou descansar.
    #NunhaHorasTemosUnhaMañáProdutiva
    :)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Grazas por comentar!

Publicacións populares deste blog

Crónica dunha viaxe anunciada

Os de 3º B xa o sabedes . Temos data para unha excursión de tooooodo o día. Non direi nada, so unhas pistas... Imaxes do que nos agarda . Partimos?

Petos de ánimas: o medo como arma

  “ Un alma tienes y no más, si la pierdes qué harás ” . Eso pon nalgúns coma este. Glups. Coñeces os petos de ánimas?... De noite e, coa única luz dunha vela, a imaxe impresiona. E xuro que non a puxen eu. Este está nun cruce de camiños, sobre unha pilastra. As figuras representan tres almas (unha delas con mitra, polo tanto un bispo) ardendo terrorificamente entre enormes lapas de lume no Purgatorio, cunha pomba (o espírito santo) sobre as súas cabezas. Se un se achega ben, aínda é posible descubrir restos da pintura vermella nas lapas, engadindo unha dose extra e moi truculenta de realismo. Qué demo é esto? E por que hai unha vela aí? Explícoche: Un PETO é unha hucha. Non a ves, pero detrás do cirio da foto hai un oco para depositar moedas nunha caixa baixo chave. Chave que por certo tería o párroco. As ÁNIMAS son as almas. Almas de persoas mortas que, por algún motivo, non poden acceder aínda ao ceo. E aí están, pasándoo mal, penando. E dando pena. O PURGATORIO sería ese espaz...

Don Carnal e Dona Coresma: 2019 vs 2021

É curioso. Quería explicar o Carnaval ou Entroido : ese período de excesos permitido pola Igrexa católica para facer máis soportable o que vén despois, a Coresma, un período de corenta e seis días de pouco alimento e moita penintencia, para lembrar o tempo que pasou Xesús no deserto soportando todo tipo de trasnadas de Belcebú.  E quería usar para esa explicación este cadro do sempre espectacular pintor flamengo Brueghel o vello . Un auténtico animal . Tanto, que cinco séculos despois, as súas pinturas seguen tendo algo que atrapa, que cautiva. Neste caso, unha táboa que leva por título O combate entre Don Carnal e Dona Coresma . Unha obra moi do estilo El Bosco, con moito detalle, moito caos, moitas persoas, moita actividade, moitos simbolismos deses que che fan abrir os ollos e darían para vinte programas de Cuarto Milenio... Estaba así, con moito zoom, embobado en descubrir cada recuncho da obra, cando de súpeto pensei... pero se isto somos nós. Si, si! Estes somos nós! A ver,...