Canto do voso diñeiro ou capital dariades por isto?
Por cebolas?
Non! Por tulipáns! que é no que se transformarán eses bulbos.
Non! Por tulipáns! que é no que se transformarán eses bulbos.
Foi a primeira burbulla económica e quizais a máis tola de todas. É dicir, a xente compraba algo para vendelo moito máis caro ao cabo de tan só uns días. Pero non sucedeu con vivendas, nin con accións de empresas, non. Sucedeu con tulipáns. No século XVII, os holandeses volvéronse tan tolos por eles, que moitos chegaron a cambiar todo o que tiñan, incluso luxosas mansións, por unha soa destas flores. Foi a Tulipomanía.
Os tulipáns non existían en Holanda. Trouxéronos como algo exótico desde Turquía, onde era a flor que adornaba os traxes dos sultáns. Todas eran dunha soa cor ata que, sen saber por que, ao sementalas en Holanda, comezaron a saír variedades con moitas cores e do máis extravagante. A sorpresa foi tal, que rapidamente convertéronse nalgo moi demandado, e os seus prezos comenzaron a subir a velocidade de vértixe, alcanzando cotas insospeitadas. Igual que fai unha burbulla.
En pouco tempo, o prezo dun bulbo era de 1.000 floríns, cando o salario medio dun artesán holandés rondaba os 150. Algúns pagaron auténticas fortunas a cambio de bulbos ou colleitas que nin sequera floreceran! E mesmo sabemos de anécdotas rocambolescas que permiten entender ben claro a tolemia na que os holandeses se entramparon. Como a dun mariñeiro que foi xuzgado e condenado ao cárcere por comerse varios bulbos pensando que eran cebolas. O que non sabemos é como lle foi coa indixesta...
Os holandeses hipotecábanse (sónavos?) para adquirir flores coa esperanza de que un día puideran vendelas por moito máis. E claro, a festa acabou mal. Os prezos pagados eran tan ridiculamente altos, e a inversión tan arriscada, que chegou un momento no que non apareceu comprador, incluso baixando o prezo do lote. A partir de aí, o terror: todo o mundo quería xa vender os seus tulipáns, pero ninguén compralos. Os prezos caeron en picado. En apenas dous días, aquilo polo que moitos se endebedaran xa non valía nada.
Os holandeses hipotecábanse (sónavos?) para adquirir flores coa esperanza de que un día puideran vendelas por moito máis. E claro, a festa acabou mal. Os prezos pagados eran tan ridiculamente altos, e a inversión tan arriscada, que chegou un momento no que non apareceu comprador, incluso baixando o prezo do lote. A partir de aí, o terror: todo o mundo quería xa vender os seus tulipáns, pero ninguén compralos. Os prezos caeron en picado. En apenas dous días, aquilo polo que moitos se endebedaran xa non valía nada.
Só era unha flor.
E como toda burbulla, desde o momento de nacer, estaba condenada a estoupar.
E como toda burbulla, desde o momento de nacer, estaba condenada a estoupar.
Parece mentira onde se poden aprender cousas; eu a tulipomanía descubrina subindo a costa dunha montaña rusa... o que non sabía era que viñan de Turquía!
ResponderEliminar(nun parque de atraccións, non en Rusia claro) jaja
ResponderEliminarJajaja! Vaia, eu que xa te facía subindo a cara leste dos Urais...
ResponderEliminarDe todos modos... subida nunha montaña rusa? Non irías nela lendo!!!
É do máis orixinal que oín nunca. Eu tamén abogo pola aprendizaxe extrema! :)
Marey, e ao parecer, polo que lin (pero non nunha montaña rusa!), o tulipán non só veu de Turquía, senón que segue sendo unha especie de emblema nacional por aí. Xa nos contarás!
ResponderEliminar:-0 Alucino! O tulipán é a miña flor preferida, sempre me encantou e a verdade gustaríame moito ver eses campos holandeses cheos de tulipáns de tódalas cores, ten que ser impresionante, tanto como o que nos contas nesta entrada.
ResponderEliminarTeño que investigar entón!!
ResponderEliminarNon iba lendo, pero a costa era tremebunda e necesitaba conversación,é curiosa a que atopei jaja
Pois non é mala idea! A próxima vez que vaia a Port Aventura ou un similar, xa lle pedirei ao do lado que me conte algunha historia curiosa... e se non a sabe, cóntolla eu: "Sabías que coñezo a alguén que, xusto nunha situación tensa coma esta, soubo da crise dos tulipáns en Ho-Holaaaaaandaaaaaaaaaaaaaaaaaa?". Jajaja
ResponderEliminarjajaja creo que así saberás mellor do que che falo: http://www.youtube.com/watch?v=cym2hj4SVqw
ResponderEliminarJajaja, moi bo. É moi parecido ao Shambala, que hai en Port Aventura, así que non ía moi desacertado ao imaxinar como sería. Mortal!
ResponderEliminarhttps://www.youtube.com/watch?v=5SDlqHQOQic
Un dato que che vai interesar: por A ronda de noite de Rembrandt desembosaron os seus compradores 1600 floríns; o prezo dun bulbo de Semper Augustus chegou a alcanzar os 5000 floríns!
ResponderEliminarSorprende que unha locura así afectara a un país aforrador, sobrio e traballador como Holanda, a ilustrada Holanda.
Si que se parecen si!
ResponderEliminarXa me puxen a investigar, e ó parecer si, hai unha longa historia detrás do tulipán aquí, chegou a convertirse no símbolo do imperio otomano.
Pero descubrín algo moi curioso... tódalas mañás collo o tranvía para ir á Universidade. Hai dúas paradas ó lado do campus, eu báixome en "Laleli", que é onde está a miña facultade. Pois resulta que "Lale" significa tulipán! "Laleli" vén sendo un lugar de tulipáns.
Tíñao máis cerca do que pensaba! jaja
Boísimo, Vitoria!
ResponderEliminarLembrades cando falamos da Ronda? http://moedasparacaronte.blogspot.com.es/2013/04/a-ronda-de-noite-en-vivo.html
Cando se vendeu esta pintura de Rembrandt, na Holanda de 1643, a burbulla dos tulipáns acababa de estoupar, e os prezos xa estaban polo chan. A "festa" xa rematara. Pero unha vez máis, a comparación sérvenos para ver o desmedidos que foron os prezos alcanzados no mercado por esta flor... Tan desmedidos que, só 8 anos antes de venderse o cadro por eses 1.600 floríns , alguén pagara 100.000 (cen mil!!) por un lote de 40 bulbos da prezada flor.
Sorpresas da Historia! Alemaña tamén se distinguía por ser unha potencia intelectual, cultural e económica, a pesar dos tempos duros de Entreguerras. A xente lía xornais, escoitaba discos, ía ao teatro, investigaba, estudaban... Era un país culto. O país culto que aupou a Hitler.
Grazas pola ronda! :)
Marey, :)
ResponderEliminarCreo que vou contar esta anécdota túa moitas máis veces. Porque hai que ver para canto nos serve saber idiomas, economía ou Historia!
Igual que pode servir para pasar o mal trago de subir lentamente ao pico dunha altísima montaña rusa, tamén vale para entender e relacionar con sorprendente perfección todas as cousas que te rodean. Incluso para unir unha montaña rusa en Canadá cunha parada de tranvía en Turquía. Esa si que é unha fermosa globalización!! :D O que demostra que non hai arma como a cultura, para ir polo mundo.
Igual que pasa coa lectura, o cine ou as viaxes, saber un pouco de Historia axuda a recoñecer e encaixar esas pezas soltas que pululan polo mundo. Axuda a comprender. E, tal e como che sucedeu a ti, a debuxar un sorriso ao recoñecer esas pezas do gran puzle encaixando ante un. Ese fugaz sorriso, que só se comprende cando che pasa, vale unha vida. Os que o viviron, sábeno. :D
Un millón de grazas, Marey, por compartir un sorriso tan grande e inesperado coma este.
Grazas a ti por axudarnos a chegar a el! Agora vexo tulipáns por todas partes :)
ResponderEliminar