"As cidades son libros que se len cos pés", di un personaxe dunha novela de Agustín Fernández Paz.
Coma moitos de vós, unha vez tiven a sorte de ler París cos meus pés.
E hoxe, non sei por que, precisaba reler ese libro.
Todas son fotos daquela viaxe.
Pero cando xa estou a punto de rendirme á beleza, cando xa me parece que é o todo o que atrapa...
Coma moitos de vós, unha vez tiven a sorte de ler París cos meus pés.
E hoxe, non sei por que, precisaba reler ese libro.
Todas son fotos daquela viaxe.
Que terá París, para atraparnos como o fai? Sabédelo vós?
Non sei... Podería ser por Notre Dame...
Ou por iso de remexer libros e láminas á beira do río...
Se cadra é o Sena, que co seu brillo ao solpór, nos pon melancólicos...
Será pola omnipresencia dos gatos...?
Polo monumental atracón de arte antiga...?
Pola arte moderna...?
Ou será por esa arte tan... posmoderna?
Será polos seus enormes e contínuos xardíns?
Pode ser o egocéntrico Arco do Triunfo, do Petit Napoleón, o que tanto nos atrae...?
Ou será acaso por esa elegante convivencia entre Tradición e Modernidade?
Vai ti a saber o que é!
Pero cando xa estou a punto de rendirme á beleza, cando xa me parece que é o todo o que atrapa...
Entón... aparece ela. Esa que nada che parecía, ata que se plantou ante ti coa grandiosidade dun faro. Esa mesma. Esa que unha vez alí, aínda sen pretendelo, non podes evitar buscar enfermizamente.
Esa que te asalta. Que te segue. Que te atrae como un imán.
Será magnética? Estará imantada?
Cando un pisa París, descubres que, en efecto, é verdade, aí está París.
Pero por enriba de todo... Cubrindo a cidade, coa súa luz dourada, descubres que está ela.
Aí enriba. Máis incluso que a propia lúa.
Se París está para ir...
A torre Eiffel está para asegurarse de que volvamos.
Non está mal, para acabar de cumprir 126 anos!
Imposible non lembrarme daquelas 2 postais de hai 2 anos que 7 sugus me trouxeron. Precisamente de París. :D
ResponderEliminarQue recordos.... Voltaría outra vez.... Alégrome de que che gustaran as postais, esperamos que nunca te esquezas de esas Sugus :)
ResponderEliminar*.* As postais... Ainda lembro como as escribimos as 3 da mañá, con un sono tremendo e o vixiante das habitacións do hotel dun lado para outro. Nunca o esqueceremos. E como ben dis, a torre Eiffel está para que volvamos, oxalá! :)
ResponderEliminarSeguro que non (que non me esquezo).
ResponderEliminarE seguro que si (que volveremos; porque, dun modo ou outro, sempre podemos volver aos lugares que un día limos cos pés).
"Los científicos dicen que estamos hechos de átomos pero a mi un pajarito me contó que estamos hechos de historias"Eduardo Galeano
ResponderEliminarEu non fun nunca a París, xa tiña ganas, pero agora vendo estas fotos... máis! Quero ler esta cidade cos meus pés!
ResponderEliminarSandra, xa sabes! Calzado cómodo, e a trotar! Non olvides o Fastum Gel. :)
ResponderEliminarGaleano, ese xenio do Uruguai...
ResponderEliminarOs átomos fan posible a vida; as historias fan posible vivila.
Que ten París?
ResponderEliminarParís ten ALGO, en maiúscula.
Os meus pés tamén o lembran... e eu non o esquecerei nunca. Non era un dos sitios o que mais me apetecía ir, pero ahora podo decir que ten unha maxia que te envolve e que me gustaría voltar algún día.
ResponderEliminar