Saltar ao contido principal

A Escopetarra: de fusil a guitarra

Unha que? 
Pois iso: un AK-47 + Guitarra = unha Escopetarra!




Esta curiosa historia empezou hai dez anos en Colombia. O músico César López intentaba combater a violencia no país por medio dun Batallón Artístico de Reacción Inmediata. Tela! Cada vez que había un atentado, o Batallón corría ao lugar armado con guitarras normais e correntes: "A xente cantaba con nós e chorábamos todos". Ata que un día estala un coche bomba nun edificio da capital, Bogotá. Trinta e seis mortos e máis de douscentos feridos. E cando César López e o seu Batallón se achegan correndo para entrar, atópanse cun soldado que lles franquea o paso: 

"Co seu fusil rompeume a guitarra. 
Quedámonos mirando, coas nosas armas colgando, e entón veume a idea". 





Os AK-47 convertidos en escopetarras foron de persoas que abandonaron as guerrillas. O goberno cedeu a César López algunhas destas armas, xa inutilizadas. E con elas, o luthier Alberto Paredes fabricou os instrumentos a partir dun rifle Winchester e unha guitarra Stratocaster. Din que é máis difícil de tocar cá unha guitarra convencional porque non ten caixa que permita descansar o brazo, pero que pola contra nunca se desafina... E onte mesmo, por exemplo, unha delas sonou melodiosa e creativa (tan diferente ao son orixinal) na sede da ONU en New York. Apetécevos saber como sona?


Como poden cambiar as cousas cando as repensamos...
Quen ía dicir que unha arma tan mortífera e presente no mundo como un Kalashnikov puidera servir para facer música, para unir ás persoas, ou para promover a vida con ela.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

6º Concurso CineHistoria

Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca!  Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis .  Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca!  Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel.  Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix

V Concurso CineHistoria

Os bos costumes non se poden perder. Por iso, había que volver coa quinta edición do Concurso máis lonxevo (creo) do noso instituto.  Como cada ano, convoco aos meus alumnos de Historia do Mundo Contemporáneo (1º Bacharelato) a un certame, que non é máis que unha escusa para ver cine... e, a través dese cine, para tecer lazos invisibles coa Historia, ou sinxelamente coa vida .  Que como o facemos? Doado. Entrego unha lista ampla de películas coas que un se pode achegar á Historia (ou ao bo cine); concedemos un prazo de tempo para que cada alumno poida ver polo menos unha delas; e cando todos teñen visto xa a súa peli, chego un día por sorpresa a clase e exclamo: " Aquí comeza o Concurso de Críticas CineHistoria! ";  ese día, nun silencio de 20 minutos e baixo pseudónimo, cada alumno esfórzase por escribir a crítica da peli que viu, sabendo que debe facelo da forma máis persoal, orixinal e efectiva posible...   Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o V CONCURS

III Concurso CineHistoria

Como cada curso, e xa van tres, en 1º de Bacharelato empregamos a Historia como unha escusa para ver cine... Ou será que usamos o cine como escusa para ver a Historia? O funcionamento é sinxelo. Entrego unha lista de películas por época histórica, concedo un prazo amplo para ver unha delas e despois realizamos un concurso de críticas onde cada un busca unha forma orixinal e breve de falar da peli que elixiu... Con que premio? Con cal vai ser! Aquí comeza o  III CONCURSO CINE HISTORIA  de 1º Bacharelato! 49 películas na lista. 41 candidatos que escribiron a súa minicrítica (8 liñas). 3 pelis de premio (as da imaxe) para as 3 mellores! A partir desta tarde podedes lelas todas, nos Comentarios  desta entrada. Este Xoves 4 , na clase e no blog:  Gañadores, Premio e Foto! Sorte a todos!