Igual que os incendios son un espello do noso fracaso e ignorancia...
Non estará sendo esta a arquitectura que nos retrata?
Tamén podería titularse Galicia: Arquitectura Perdida. Pero o vídeo duraría anos. Asombra descubrir nesta coidada recreación por ordenador, a beleza, simetría e coidada elegancia das edificacións que había en Vigo... Pero máis asombra ver as obras que se demoleron e as lamentables cagadas (hai outro nome?) que se ergueron no seu lugar. Unha tras outra, unha tras outra... ata desmontar por completo a obra que con tanto esforzo e sensibilidade nos foran legando os nosos antepasados. E todo para que? Para convertelo na caótica colección de volumes de mal gusto e sen valor algún que hoxe predomina. En Vigo... e no resto.
Non me quedan bágoas...
ResponderEliminarNon me estraña...
ResponderEliminarPrecisamos deste tipo de cousas para que todos entendamos o valor de conservar ou de preocuparse máis pola estética da paisaxe... É incrible o atrapalladas que temos a arquitectura e a paisaxe, nunha terra que se destaca por algo é precisamente por ter o don de ser bonita.
Próxima entrega, os somieres no rural. A tremer!
Que mágoa...:-(
ResponderEliminar