É curioso. Quería explicar o Carnaval ou Entroido : ese período de excesos permitido pola Igrexa católica para facer máis soportable o que vén despois, a Coresma, un período de corenta e seis días de pouco alimento e moita penintencia, para lembrar o tempo que pasou Xesús no deserto soportando todo tipo de trasnadas de Belcebú. E quería usar para esa explicación este cadro do sempre espectacular pintor flamengo Brueghel o vello . Un auténtico animal . Tanto, que cinco séculos despois, as súas pinturas seguen tendo algo que atrapa, que cautiva. Neste caso, unha táboa que leva por título O combate entre Don Carnal e Dona Coresma . Unha obra moi do estilo El Bosco, con moito detalle, moito caos, moitas persoas, moita actividade, moitos simbolismos deses que che fan abrir os ollos e darían para vinte programas de Cuarto Milenio... Estaba así, con moito zoom, embobado en descubrir cada recuncho da obra, cando de súpeto pensei... pero se isto somos nós. Si, si! Estes somos nós! A ver,...
Como non chova atrévome, está prometido! ajaja a ver se temos sorte entón..
ResponderEliminarIso quero velo eu! Bueno... eu e todos os demais! Levarei a cámara para deixar constancia do momentaso! :)
ResponderEliminarAhí te quedou o momentaso eh! e non fun o único ajaja un moi bo día a verdade, esperamos o resultado do vídeo!
ResponderEliminarJajaja! Vaia se quedou!
ResponderEliminarDesde logo hoxe vin moitas e moitos valentes! Así me gusta! Foi unha gozada de día... Iso demostra que non importa o tempo, senón a compañía e as ganas de ver e facer cousas novas. :)
Próximo capítulo... Barcelona!
Menudas ganas xa! E ca mesma compañía, eu quedaba acampado nas cíes ata que fose o día de marchar a barcelona sen pensalo..
ResponderEliminar