A que agardas para alistarte na Guerra Mundial?
Así os reclutaban. Así chamarían hoxe por ti.
Así os reclutaban. Así chamarían hoxe por ti.
Vello con xesto serio, pelo branco, barba de chivo, e roupas coas cores da bandeira nacional dos USA. Este que te sinala é o Tío Sam, a personificación dos Estados Unidos. O seu nome xurdiu dunhas caixas de carne que os soldados recibían antigamente na guerra: por fóra, líase U.S. acompañado das iniciais do proveedor de carne Uncle Samuel Wilson. Os soldados fixeron un xogo de palabras, e así xurdiu o personaxe que despois foi elevado a personificación oficial da nación. E así o retratou o artista James Montgomery, en 1917, para a I Guerra Mundial, cando EE.UU. decide entrar de cheo, despois de que un U-boot alemán afundira o trasatlántico Lusitania. 234 pasaxeiros eran estadounidenses. Sen sabelo, aquel día, Alemaña mobilizou a Sam e sementou a súa derrota na guerra.
Máis propaganda e imaxes daquela época?
Clic AQUÍ
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas por comentar!