30/03/13

A clase do Risk

30/03/13

Para todos eses alumnos que un día xogástedes ao Risk co fin de entender o imperialismo. E por suposto, para os seus protagonistas: Giovanna, Marta, Ángel, Diego e Bryan. Grazas pola clase, pola atención e polas risas. Así dá gusto ensinar Historia.

En 1880 África era un continente case descoñecido para os europeos. 
En tan só 30 frenéticos anos, as potencias europeas repartíronse África coma se dun xogo se tratase. 
Ese xogo hoxe podería ser o Risk. E as potencias... poderíades ser Vós!


Clic na imaxe para ver vídeo!

Recibe os contidos no teu correo

9 comentarios

  1. Duarte31/3/13

    Menudo plano picado Miguel! Pareces Orson Welles. Por certo, xogazo o Risk.

    ResponderEliminar
  2. Jajaja... Xa quixera, Duarte!
    Menos mal que estes que moven os soldados (Giovanna e compañía) son bos xenerais. Un xeneral fascista mandaríame directo á guillotina, por non empregar un plano contrapicado.

    ResponderEliminar
  3. angel31/3/13

    gustanme os globillos que pos durante a partida.O video non me gusta que salga pero bueno inda me rio un pouco.

    ResponderEliminar
  4. Grazas Ángel! A verdade é que o vídeo é divertido, e con el enténdese moi ben o que queríamos facer. Pero se despois de visto preferides non telo aquí, dicídemo, que borramos toda a entrada. Sen problema!

    ResponderEliminar
  5. POR FIN, o desexado vídeo ajaja vou mirar a ver que tal!

    ResponderEliminar
  6. Gústanos gústanos, e por certo, non sei se dará gusto ensinar historia, pero si da gusto aprendela sobretodo desta forma

    ResponderEliminar
  7. Giovanna1/4/13


    Qué buenas las etiquetas Miguel! Con clases así da gusto aprender.En cuanto al Imperialismo todos nos acordaremos de que África es el objetivo y Ángel no saldrá beneficiado por mucho que refuerce jajaja.

    ResponderEliminar
  8. Jajaja. Alégrame moito que vos guste o vídeo e as etiquetas que van saíndo. Penso que de aquí a uns anos, este será un recordo que nos gustará aínda máis.
    A verdade é que todos fixestes un papelón, e en especial Ángel. Aplicado á era do Imperialismo e ó reparto de África, a súa férrea resistencia equivaldría á dos exércitos etíopes, os únicos que lograron manter o seu territorio independente fronte ao acoso das potencias europeas, gañando incluso no campo de batalla (Batalla de Adua, 1896). Así que un 10 para el!
    Que o vídeo pague a pena, que a actividade se entenda e que se nos escoite tan ben a todos, é tamén un mérito voso que, de verdade, é moi de agradecer... así é un pracer traballar.
    Descansade, guerreiros. Como en "Senderos de gloria", moi pronto chamarán por nós para volver á fronte...

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK