É incrible. A partir do lixo, das cousas que tiramos, un músico foi capaz de crear en Paraguay algo tan fermoso como "Sonidos de la Tierra". Unha idea grazas á cal máis de dez mil nenos e mozos sen medios para nada descobren o seu talento, logran fuxir da marxinación e o tempo mal empregado, e medran como persoas (viaxan, aprenden, comparten) demostrándonos cantas cousas se poden facer con tan pouco. Ecolóxico, intelixente, comprometido, admirable.
Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca! Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis . Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca! Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel. Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix
INCRIBLE!! Que boa e gran idea!! e que ben sona!!
ResponderEliminarCarai! Eso si que ten mérito! Eu tamén quero un piano casero jaja
ResponderEliminarTen moito mérito, e ademais ten que ser un motivo de orgullo empezar así, con poucos cartos pero moito inxenio.
ResponderEliminarXa sabes Silvia, a rebuscar cordas, pedais, teclas... E despois, facémolo sonar!