1776: Norteamérica é en parte colonia do imperio británico; pero o pobo está farto de non ter representación no parlamento, de ser obrigado a pagar impostos e máis impostos, de non poder comprar nin vender a outros que non sexan os ingleses da metrópole... Séntense esquecidos, explotados, humillados. E enfádanse. Cabréanse de verdade. É nese entón cando comezan unha rebelión valente e violenta no porto de Boston. Unha rebelión que remata ao grande, coa independencia das 13 colonias, e a proclamación dun novo país libre: Estados Unidos. Sen sabelo, aqueles colonos convertéronse en modelos para outros. Empezaba a era das revolucións...
Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca! Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis . Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca! Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel. Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas por comentar!