04/08/12

North Atlantic

04/08/12

Hugo é controlador aéreo nun pequeno aeroporto nas illas Azores. Tócalle noite de garda, así que está el só. Senta ante o xadrez, prepara café, tenta non durmirse... E de repente, na infinita negrura do radar, unha avioneta. Establece contacto por radio. O piloto dalle a noticia: só ten combustible para dúas horas de voo. Pero a pista máis próxima está a catro horas... 

North Atlanticquince minutos de cine, feitos con só 5.000 euros, e baseados nun suceso real.
Clicando no vídeo, onde pon CC, actívanse os subtítulos en castelán.


O director, Bernardo Nascimento, leu a noticia do suceso nun xornal. E creou unha historia breve, honesta, sinxela, cálida e moi humana, a pesar da inminencia da traxedia. Premiada agora en múltiples festivais. Son quince minutos para ver con calma, mellor á noite, cando a escuridade e o silencio acompañan e a soidade enténdese mellor. Porque así estaba aquel piloto: só. Con Hugo. A demasiada distancia.

Recibe os contidos no teu correo

5 comentarios

  1. Sandra4/8/12

    Impresionante!!

    ResponderEliminar
  2. marisa4/8/12

    Unha historia entrañable, triste, emocionante.Onde a impotencia che embarga o non poder axudarlles.Grande curtametraxe!

    ResponderEliminar
  3. Samantha6/8/12

    Increíble! Verte nunha situación así e que che digan que non podes facer nada por axudalo... A impotencia que che causa é enorme. A verdade: conmovedor!

    ResponderEliminar
  4. Javier Abraira7/8/12

    "Tocaremos xuntos de novo, tómense o seu tempo" Gran historia moi ben contada

    ResponderEliminar
  5. Alégrame que vos gustase...
    Estou de acordo, Javier: gran frase.

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK