16/05/12

Pechando capítulos

16/05/12

Hoxe toca pechar o capítulo da nosa viaxe. E a mellor forma de facelo é lembrándoa cun sorriso e cun adeus cariñoso. Como imaxinades, nunca a repetiremos tal como foi; pero está ben así, porque é iso o que a converte nunha experiencia única. Quédanos, iso si,  unha vivencia intensa e diferente, que acaso nos deixe na pel e a memoria unha desas cicatrices que nos gusta ensinar aos demais. E quédannos, por suposto, as imaxes. Imaxes alegres e vivas, coma vós, que ben merecen os esforzos de todo un curso:


Isto achégase ao final. Así que, en parte, esta entrada empeza a saber a despedida. Pero como dicía ao principio ou cando escribín sobre Guardiola e Raúl, os adeuses amargan menos cando están feitos de valor, de sorrisos, de xestos, de recoñecemento e de complicidade. Quizá é por iso que me gusta tanto este: 


Un adeus inmellorable!
Entón... queda claro por onde viñemos?

Recibe os contidos no teu correo

8 comentarios

  1. Paula17/5/12

    o video xenial!jajaja e as fotos tamén!(a música non me gusta moito)jajaja esta excursión non a olvidaremos nunca.
    Seguiremos deixando miguiñas durante moito. :)

    ResponderEliminar
  2. Lucía Otero17/5/12

    teño ganas de que chegue pronto o verán pero tamen me da moita pena que non nos volvas a dar clase e que so nos quede caronte para falar...
    por outra parte as fotos e o video son xeniais encantaríame repetir outra vez creo que nunca imos olvidar ese dia e caronte estará aqui para recordalo

    ResponderEliminar
  3. Estou de acordo, Paula. Presentación sen música. Creo que é mellor que vós mesmos lle poñades de fondo, nas vosas casas, a que máis vos gusta.

    Disfrútadea, e estudade con moito ánimo: agora ven a recta final. Haberá que ir a por todas!

    ResponderEliminar
  4. Samantha18/5/12

    Profee :( É certo que as fotos e o vídeo están xenial, e tamén quedou claro por onde viñemos, jeje, pero dame moita pena pensar que este vai a ser o último mes que vamos a estar contigo e que só imos poder falar por Caronte. Sin duda, fostes un dos mellores profesores que tivemos nunca e que seguiremos tendo aínda que non estés no instituto. Só esperamos que nunca te esquezas de nós! :)

    ResponderEliminar
  5. Silvia18/5/12

    Ola! Bueno, creo que xa non queda mais por decir, elas xa o dixeron todo,asique gracias de novo, e inda que so nos quede un mes de clase,nos seguiremos aportando moedas, ou non? :)

    ResponderEliminar
  6. Samantha18/5/12

    Non o dudes Sil :) jeje

    ResponderEliminar
  7. Iso espero!! Que sigamos compartindo moedas sempre que vós queirades.

    Ademais, xa buscaremos outras canles, tan efectivas como Caronte, para non perdernos de vista.

    A boa noticia, non o esquezades, é que aínda nos queda mes e medio. E qué mes e medio!!

    Agarrádevos, que o imos pasar ben!

    ResponderEliminar
  8. Paula18/5/12

    Como dirias ti profe:agarradevos grumetes!jajaja
    Da por seguro de que seguiremos deixando miguiñas :)

    ResponderEliminar

Grazas por comentar!

ˆ
MIGUEL ABRAIRA © - DISEÑO: HERPARK