Acabades comigo. Pero paseino pipa. Grazas a todos os que viñestes por este día tan diferente e especial. Espero que o lembredes con tanto afecto coma min, que creo que si. En canto aos que non viñestes... Estudade! Faltabades. Desde logo, prometo algunha moeda máis sobre esta viaxe. Pero agora, tal e como parecedes dicir todos na foto... Ata mañá! Ás 8.30!!
Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca! Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis . Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca! Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel. Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix
jajaja acabaríamos contigo pro pasáchelo xenial.Gracias a ti profe por levarnos de excursión.Imos recordala sempre :)
ResponderEliminarAcabamos contigo, pero quéresnos :)Eso, moitas grazas a ti profe por facer dun mércores, o mellor día do curso.
ResponderEliminarQuérovos, e paseino en grande.
ResponderEliminarOxalá tivéramos unha cada semana. Aprenderíamos todos o que non está escrito.
E xa veredes cando estean listos os vídeos...
O mismo digo: MOITISIMAS GRACIAS! Pasámolo en grande gracias a ti. Fixeste que ese día quede gravado na nosa memoria para sempre :)
ResponderEliminarPD: gustouche a canción do "Rey León", non? jeje
mimaa...o video...jejejeje.Aber si che gustan as fotos que che pasei profe jajaja.Eso de ter unha excursión así todas as semanas non estaría nada mal :)
ResponderEliminarEu non quero que suba o video!! jajaja eu non era capaz de falar. Morría da risa :P estuvo bastante ben, pero aínda así... jeje
ResponderEliminar"ahhhh chuguemniaaa...." eso sen duda un dos momentos máis bos da excursión jajaja so podo decir gracias :)
ResponderEliminarEditando o vídeo da baixadaatodocorrer ata o castro. E ríndome moito. Espero poder subilo aquí en cuestión dunhas horas... pois vou a ritmo de "ah chuguemniaaa!".
ResponderEliminarPaula, moi boas as fotos. Nestes días, farei unha montaxe cunha selección das túas e das miñas e, por suposto, do outro vídeo.
Máis que nada para que quede claro eso de: "Viñemos por aquíííííííííí!!".
Jaja os vídeos teñen k ser xeniais teño ganas de velos :)
ResponderEliminar¡Qué recordos! Eses días si son inolvidables.
ResponderEliminarXa o creo, David... Xa vai cumprirse un ano, e aínda me doe a cara de sorrir cada vez que a vexo. :D
ResponderEliminar