Despois de 5 edicións, non pensaríades que deixaríamos acabar o curso sen o noso concurso favorito, non...? Pois benvidos a CineHistoria! , o certame de minicríticas de cine máis famoso da comarca! Velaquí as 40 críticas (en formato orixinal) desta edición,. Podedes lelas todiñas nos comentarios! As normas e o sentido do concurso xa o sabedes , pero por se acaso...: Para quen? Participan os meus alumnos de Historia de 1º de Bacharelato . Este ano, 40. Que teñen que facer? Eu reparto unha listaxe dunhas 50 pelis . Cada un deles ten que elixir unha para ver antes dunha data límite. Condición obrigada: que non a viran nunca! Onde e cando? Cando acabou o tempo para ver as pelis, un día, sen previo aviso reparto en clase un papel. Cada participante ten 8 liñas e uns 20 minutos para escribir . Como facelo? A crítica debe ser algo máis que un resumo. Debe ter opinión, análise, orixinalidade e, sobre todo, espertar unha emoción no que le. Prohibido deix
Un blog para compartir as clases e a vida
Só podo decir unha palabra:ENCANTAME.
ResponderEliminarXa fai un par de anos que a coñezo e cada vez que a escoito me emociono mais.Sempre me trae moi bos recordos.
...ou de despedidas: adios a Tabucchi, o italiano máis portugués: "Navegar é preciso; viver não é preciso"
ResponderEliminarPrecioso tema! gústame esta nova etiqueta de "bandas sonoras"!!. A min hoxe apetéceme unha canción que me dé enerxía : Runaway de Bon jovi ou Are you gonna my way de Lenny Kravitz, etc, pero para traballar tamén me encanta o jazz, relaxa.
ResponderEliminarFado, Faro.
ResponderEliminarUn canto ao mar.
Encántame que vos guste tanto como a min.
Prometo novas músicas para novos momentos. Para seguir navegando.